Feijóo intervén na guerra do PP de Lugo: “Quen gañe ten que sumar á outra parte”

O líder dos populares galegos advirte que o PP “é un todo” e ve con naturalidade que haxa dúas candidatas nesta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/02/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non tivo máis remedio que intervir na liorta interna que manteñen as dúas candidatas que optan á Presidencia do PP de Lugo, Elena Candia e Raquel Arias. E o seu recado foi contundente: “Quen gañe ten que sumar á outra parte”.

Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP
Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP | Fonte: ppdeg.com

Unha clara indirecta á portavoz do PP na Deputación de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, que xa anunciou que que logo deste congreso provincial había que iniciar outro na cidade de Lugo. Unha proposta moi criticada pola delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, que advertiu a súa contrincante de posibles cazas de bruxa. “Hai que fuxir do intento interesado de converter unha elección democrática nunha confrontación entre compañeiros", dixo.

O líder dos populares galegos quixo quitar ferro a esta contenda. Así, lembrou que, cando el se presentou á liderar o PP en Galicia, competiu con outros tres candidatos. “E que haxa dous candidatos é algo normal e, polo tanto, será un proceso normal porque serán os militantes os que elixan a quen mellor consideren”, apuntou. En todo caso, advertiu que a futura presidenta do PP de Lugo terá que sumar “á outra parte” porque o PP de Lugo “é un todo” e non “partes”.

Previamente a estas palabras, Feijóo presumía da “unidade” do PP en Galicia e dicía que era o único que estaba “unido” en Galicia, tras as “liortas”, dixo, que manteñen o “PSdeG, o BNG, e Podemos-as mareas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lucus

Feijoo ten que aprender de Pablo Iglesias. Que poña en Lugo a quen lle pete.