O PSdeG valora a súa participación no Congreso Federal de forma "moi optimista" e avoga por saírse do "debate sucio" da ultradereita

O portavoz da executiva do PSdeG, Xullo Torrado, asegurou que o encontro de Sevilla confirmou "o peso do municipalismo galego no conxunto de España" e destacou tamén o "incremento" do peso dos socialistas de Galicia no PSOE, a "influencia nas políticas de progreso" nos próximos 10 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2024 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O portavoz da executiva do PSdeG, Xullo Torrado, referiuse ao resultado do Congreso Federal do PSOE celebrado esta fin de semana en Sevilla de forma "moi optimista" para os socialistas galegos. Ademais, avogou por saírse do "debate sucio e arisco" nun contexto marcado pola "polarización" á que "empuxa a ultradereita". Neste sentido, sinalou a aposta do PSdeG polas políticas "que lle importan á cidadanía", entre as que destacou a igualdade de oportunidades, o Estado de benestar ou que o sistema económico "funcione".

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres na sede o PSdeG en Santiago, Torrado asegurou que o encontro de Sevilla confirmou "o peso do municipalismo galego no conxunto de España" e destacou tamén o "incremento" do peso dos socialistas de Galicia no PSOE, a "influencia nas políticas de progreso" nos próximos 10 anos e a "cohesión interna do PSdeG". Sobre o primeiro destes aspectos indicou que se pasa de dous membros a tres na Executiva Federal, e de cinco a seis no Comité Federal. Así mesmo, aproveitou para reivindicar "o peso e a influencia" do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

MODELO DE FINANCIAMENTO "EN REVISIÓN"

Ademais, Torrado asegurou que "hai máis cuestións ideolóxicas" sobre as que o PSdeG "tivo influencia", como o debate sobre o financiamento autonómico. Neste sentido, sinalou que o modelo de financiamento "está en revisión" e que a distribución debe facerse "de maneira solidaria" e debe ter en conta "as singularidades dos territorios". Outro dos temas aos que se referiu durante a rolda de prensa é o da vivenda, e lembrou que esta fin de semana o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fixo un anuncio sobre a intervención o mercado da vivenda a través dunha axencia pública. "Hai semanas que o PSdeG defende precisamente iso co nome de Banco Público de Alugueiro, foi defendido no pleno e vai ir ao pleno desta semana", destacou. Con todo, incidiu na "tremenda unidade e compañeirismo" da delegación galega no Congreso Federal.

O portavoz da executiva do PSdeG, Xullo Torrado
O portavoz da executiva do PSdeG, Xullo Torrado | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta