O felo, un dos entroidos máis decoñecidos e antigo de Galicia

Son as figuras típicas do Entroido. Máscaras, chocas e medias. En Maceda agóchase, aínda, unhas das entroidadas máis tradicionais do país. Reportaxe de vídeo do fotógrafo Óscar Dacosta no interior.

Por Galicia Confidencial | Maceda | 03/03/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Felo é un dos entroidos máis descoñecidos de Galicia. Son as mascaradas típicas da zona de Maceda, en Ourense, e algúns estudosos din que son os máis antigos de Galicia.

Desfile dos felos en Maceda
Desfile dos felos en Maceda | Fonte: blogoteca.com

A súa vestimenta é moi parecida ao peliqueiro, pero a principal diferencia é que o felo ten medias negras. Este é un Entroido moi característico da zona e conserva, aínda, o seu carácter tradicional, xa que os veciños se disfrazan para ir por toda a localidade. "Imos polas aldeas, metemonos coa xente, ofrecennos bica. Así facemos un pouco máis ameno o Entroido nos pobos", apunta Martín.

A incorporación de mulleres ao felo foi unha situación que lle custou asumir a algún dos máis vellos pero, hoxe, xa é unha realidade. "O Felo ten que gustarche, tes que levalo no sangue porque é moito o que levas por riba, moito peso...É un sentimento. Os meus fillos desque naceron xa o levan no sangue. É algo de toda a familia", di Susana Parente, unha das primeiras mulleres en mascararse.

O Entroido ourensán é moi coñecido polo triangulo Laza-Verín-Xinzo, sen embargo, o de Maceda está collendo máis sona ano tras ano, sobre todo, para aqueles que queren fuxir das grandes multitudes que se xuntan nos outros entroidos.

Este é o vídeo que o fotógrafo e realizador Óscar Dacosta fixo sobre esta tradicional celebración:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta