Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/02/2016 | Actualizada ás 13:40
A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, está tomando vantaxe a súa rival, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para facerse coa presidencia provincial do PP. Unha batalla que se xoga en cada recuncho da provincia e na que non se escatiman nin medios, nin recursos.
Candia é, por agora, quen máis apoios ten logo dos respaldos recibidos en varios lugares, especialmente, en Lugo, Mondoñedo ou Sarria. Tamén conta con apios de última hora, como o do presidente de Novas Xeracións (NN.XX) en Lugo, Daniel Veiga, quen este mércores expresou publicamente o seu respaldo a súa lista porque "aglutina experiencia e renovación".
"A renovación ten que acreditarse, non só hai que dicilo, senón tamén cumprilo, e creo que Elena mestura renovación e experiencia, como oposición no seu momento e como goberno nestes momentos na cidade de Mondoñedo", dixo Veiga.
E mesmo foi máis alá ao suliñar que a maioría dos mozos populares “apoian maiortiariamente” a Candia, aínda que puntualizou que os membros de Novas Xeracións tiveron "liberdade de voto" na elección de compromisarios. "Hai un sentimento e unha sintonía máis acusada cara á candidatura da expresidenta da Deputación", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.