Estes son os novos horarios de tren a partir do 2 de febreiro

Renfe modifica horarios de saída e chegada na liña Vigo-A Coruña e A Coruña-Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2025 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Renfe modificará a partir do 2 de febreiro os horarios de saída e chegada de dous trens de Media Distancia de Vigo-A Coruña e un Avant A Coruña-Ourense. No Eixo Atlántico, o tren 9072 que realiza o traxecto Vigo Urzaiz-A Coruña efectúa a súa saída desde o pasado 8 de abril ás 6:15 horas tras a reorganización provisional do servizo que levou a cabo con motivo das obras de Madrid Chamartín.

Agora que a situación da estación madrileña reverteuse, explican, Renfe ofrecerá esta frecuencia nun horario "que se adapta a máis clientes" e sairá de novo da cidade olívica ás 6.34 horas, é dicir, no seu horario habitual antes do 8 de abril.

Pola súa banda, o tren 9143 A Coruña-Vigo Urzaiz, con saída a día de hoxe ás 13.58 horas, modificará levemente o seu horario e partirá da Coruña as 14.05 horas para mellorar as condicións de circulación ao non solaparse coa marcha do AVE Madrid-Vigo.

Tamén se producirá unha modificación no servizo Avant. O tren 9201, que realiza o traxecto entre A Coruña e Ourense ás 19.42 horas, pasará a efectuar a súa saída desde a cidade herculina ás 21.00 horas. Argumentan que este cambio mellora a oferta de última hora do día, para que os clientes poidan regresar no último Avant do día nun horario que amplía as posibilidades de viaxe a horas máis tardías.

Os billetes para estes trens estarán dispoñibles ao longo deste martes nas canles oficiais de Renfe: despachos de billetes das estacións, app Renfe, máquinas autoventa, na web www.renfe.com e no teléfono 912 320 320.

Varias persoas nunha estación de Renfe
Varias persoas nunha estación de Renfe | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta