Galicia terá a súa propia superprodución sobre a guerra entre celtas e romanos

Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega. A área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 51.000 euros para a realización do filme.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/03/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Galicia, coma Escocia, tamén terá a súa propia película sobre a guerra que enfrentou a castrexos e romanos hai máis de 2.000 anos. Unha proxecto cinematográfico galego producido por Luis Tosar e Farruco Castromán, da produtora ZircoZine, e que pretende ser a “primeira superproducción galega”, ambientada nesta época.

Recreación dunha centuria romana
Recreación dunha centuria romana | Fonte: taringa.net

O argumento de Galaicus, que así se chamará o filme, foi consecuencia da inspiración do actor galego Rubén Riós e conta a historia de amor entre un comandante romano e unha raíña celta que vive na Gallaecia. Está ambientada no ano -137, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Xunio Bruto Galaico, personaxe que encarnará Luis Tosar.

A presenza dos romanos sáldase cunha batalla contra os galaicos na que morre o príncipe galaico Vetilo. Canto a súa vivúva reclama o seu corpo, tanto o comandante do exército como o procónsul namóranse dela. O conflito amoroso resólvese tamén a golpe de espada cando Máximo se converte en líder dos guerreiros galaicos e se enfronta ó poder de Roma. A película completarase coa edición dun cómic e a realización dun documental didáctico.

Parte da rodaxe de Galicus transcorrerá en Lugo durante o ano 2017, e aparte de ZircoZine na súa coprodución estará tamén implicada Apaches, a produtora de filmes como O Imposible. Este proxecto leva anos agardando a materializarse xa que foi presentado en 2011 cun custe de catro millóns de euros. Sen embargo, distintas dificultades atrasaron a súa materialización.

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo mantivo este luns un encontro con Farruco Castromán, representante do produtora audiovisual galega ZircoZine. Nesta xuntanza o Delegado de Cultura aproveitou para coñecer de perto o proxecto cinematográfico, coa que a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora cun convenio plurianual de 51.000 €. “Este proxecto encádrase no noso interese por fomentar o audiovisual galego e por conseguir que a provincia de Lugo e os seus enclaves naturais e paisaxísticos se coñezan e  sexan protagonistas nos filmes galegos” dixo Ferreiro.

Presentación de Galaicus no 2011
Presentación de Galaicus no 2011 | Fonte: Deputación de Ourense

Zircozine participou na película “A cambio de nada”, que vén de ser galardoada con 2 Goyas, logo de obter 6 nominacións a este premio do audiovisual. Así mesmo,  próximamente estrearase o filme “Toro” que ten como protagonistas a Luis Tosar e a Mario Casas, e será distribuída por  Universal Pictures, e que conta tamén con  ZircoZine na súa producción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 Aceiro

Lugo paréceme unha zona preciosa para o ambiente no que está baseado a película. Sen embargo, Décimo Xuño Bruto cruzou o río Lethes na que é a actual Xinzo De Limia. Entón por que non gravan tamén nesta zona? Debería haber algunha explicación xustificada por parte dos produtores, entre eles Rubén Riós, quen se inspirou nesta vila para facer o guión de dita película. Moitas grazas.

8 eusi

Algúns constrúen, outros coma os PPodres dedícanse a destruir todos os asentamentos dos celtas en cantos os ven: na época Fraga enterráronse baixo cementos centos de descubrimentos, e actualmente co Frijol ao mando nada cambiou; tota...no es história de Ejpaña!

7 Javier Santana Ortiz

Esos recreadores de la foro son de la Legio VIIII hispana, de la Asociación Hispania Romana. Lo digo por que pone el lugar de Internet donde la han sacado pero no quienes son

6 Hermerico

E os celtas galaicos vam ser "castrexos" no filme ?

5 Mónica

Encántame a idea de que POR FIN comecen a haber filmes (coido que fieis a realidade) da nosa historia... Por favor, que non se cometa o erro de non gravala ou dobrala ao galego!!! O mellor sería que se estree en galego nos cines de Galicia

1 Hermerico

Aparte do rigor, e de que nom se fale dessa parvoíce de "castrexos", se nom se projecta em galego agardarei ao passe televisivo