Galicia terá a súa propia superprodución sobre a guerra entre celtas e romanos

Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega. A área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 51.000 euros para a realización do filme.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/03/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Galicia, coma Escocia, tamén terá a súa propia película sobre a guerra que enfrentou a castrexos e romanos hai máis de 2.000 anos. Unha proxecto cinematográfico galego producido por Luis Tosar e Farruco Castromán, da produtora ZircoZine, e que pretende ser a “primeira superproducción galega”, ambientada nesta época.

Recreación dunha centuria romana
Recreación dunha centuria romana | Fonte: taringa.net

O argumento de Galaicus, que así se chamará o filme, foi consecuencia da inspiración do actor galego Rubén Riós e conta a historia de amor entre un comandante romano e unha raíña celta que vive na Gallaecia. Está ambientada no ano -137, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Xunio Bruto Galaico, personaxe que encarnará Luis Tosar.

A presenza dos romanos sáldase cunha batalla contra os galaicos na que morre o príncipe galaico Vetilo. Canto a súa vivúva reclama o seu corpo, tanto o comandante do exército como o procónsul namóranse dela. O conflito amoroso resólvese tamén a golpe de espada cando Máximo se converte en líder dos guerreiros galaicos e se enfronta ó poder de Roma. A película completarase coa edición dun cómic e a realización dun documental didáctico.

Parte da rodaxe de Galicus transcorrerá en Lugo durante o ano 2017, e aparte de ZircoZine na súa coprodución estará tamén implicada Apaches, a produtora de filmes como O Imposible. Este proxecto leva anos agardando a materializarse xa que foi presentado en 2011 cun custe de catro millóns de euros. Sen embargo, distintas dificultades atrasaron a súa materialización.

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo mantivo este luns un encontro con Farruco Castromán, representante do produtora audiovisual galega ZircoZine. Nesta xuntanza o Delegado de Cultura aproveitou para coñecer de perto o proxecto cinematográfico, coa que a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora cun convenio plurianual de 51.000 €. “Este proxecto encádrase no noso interese por fomentar o audiovisual galego e por conseguir que a provincia de Lugo e os seus enclaves naturais e paisaxísticos se coñezan e  sexan protagonistas nos filmes galegos” dixo Ferreiro.

Presentación de Galaicus no 2011
Presentación de Galaicus no 2011 | Fonte: Deputación de Ourense

Zircozine participou na película “A cambio de nada”, que vén de ser galardoada con 2 Goyas, logo de obter 6 nominacións a este premio do audiovisual. Así mesmo,  próximamente estrearase o filme “Toro” que ten como protagonistas a Luis Tosar e a Mario Casas, e será distribuída por  Universal Pictures, e que conta tamén con  ZircoZine na súa producción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Breoga 1965

O problema de moitos galegos segue sendo q se dedican a destruir en vez de construir. Mentres non respetemos outras ideas e tratemos de integrar en vez de dispersar mal nos vai ir. Eu penso q calquer aportacion e boa. Ogalla outros galegos famosos e poderosos tomaran as mesmas iniciativas e se puxeran a traballar e crearan medios audivisuais en beneficio dos bos e xenerosos da nazon de Breogan.

3 Un de Cambre

Pois a min gustame a idea. 2017.... haberá que agardar por ela.

2 Peplum Grelos.

Cheira un pouco a Pocahontas Luarstyle. Para ser un pouco versomíl, e menos trapallada importada hollywoodense, cando menos podían fichar ao vello Pétain Beiras, facendo de gran druida Panoramix, que ao final traizoa a Galiza pasando ao bando romano, coa intención de chagar a senador do imperio.

1 Un de Cambre

Seguro que algún vai ao cine para ver só esa parte xD

1 Ourensán

Interesante foto la de arriba. Al menos hay un corrupto condenado , otro procesado pendiente de sentencia y otros dos imputados

1 Antinostrus

E que aínda seguimos Infiltrados de Romanos (v.g. fo de chins pernádicos e madridistas tipo Baltarín......), meu Rei....e os Celtas (independentistas, nacionalistas e galeguistas) sen enteirarmos-nos.......