Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/01/2025 | Actualizada ás 13:41
Unha muller de idade avanzada faleceu na mañá deste xoves no municipio ourensán de Amoeiro ao resultar intoxicada por acumulación de gas na súa vivenda. Diso informou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso ás 11,10 horas dunha veciña que se achegou á casa da falecida, situada na estrada OU-0524 ao seu paso pola parroquia de Parada de Amoeiro.
Desprazados ao lugar, o persoal sanitario de Urxencias Sanitarias 061 unicamente puido certificar a morte da ocupante da casa. Pola súa banda, os profesaionales do parque de bombeiros comarcal do Carballiño (Ourense) encargáronse de realizar tarefas de ventilación. A Garda Civil abriu unha investigación sobre os feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.