O chofer dun bus que levaba a un equipo de fútbol sala con varios menores a bordo triplica a taxa de alcoholemia

Arroxou un resultado de 0,53 miligramos de alcol por litro de aire expirado, cando a taxa máxima permitida para estes condutores é de 0,15 mg/l.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 28/01/2025 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ferrol localizaron o pasado venres 24 de xaneiro ao condutor dun autobús que deu positivo na proba de alcoholemia cando transportaba a máis de 50 pasaxeiros, moitos deles menores de idade, que viaxaban nun servizo discrecional con destino á provincia de Pontevedra que trasladaba a un equipo de Fútbol sala.

Os axentes desenvolvían un control de drogas e alcol, entre as 22.30 e as 00.10 horas, na estrada de Castela, á altura da ponte das Cabras, limítrofe co municipio de Narón, cando deron o alto ao condutor profesional. Tras sometelo á proba co etilómetro, a primeira delas arroxou un resultado de 0,53 miligramos de alcol por litro de aire expirado, cando a taxa máxima permitida para estes condutores é de 0,15 mg/l. Na segunda proba arroxou unha taxa de 0,52, polo que se lle tramitou unha denuncia administrativa, ao non superar a taxa de 0,60, que xa sería considerado delito, e sería a autoridade xudicial a encargada de pór a sanción.

Autobús dun equipo de fútbol sala infantil que conducía un chofer baixo os efectos do alcol en Ferrol
Autobús dun equipo de fútbol sala infantil que conducía un chofer baixo os efectos do alcol en Ferrol | Fonte: EUROPA PRESS (CEDIDA)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta