Día de loito oficial en Tui polo falecemento do concelleiro do BNG Xosé Martínez Tato

Por E.P. | VIGO | 29/01/2025 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

O Concello de Tui declarou un día de loito oficial polo falecemento do concelleiro do BNG Xosé Martínez Tato, que formaba parte da corporación municipal desde 2013.

Nun comunicado, o goberno local destacou a traxectoria de Martínez Tato, pondo en valor o seu "compromiso e implicación" en diversos ámbitos. O concelleiro, casado, con catro fillos e dous netos, faleceu aos 70 anos de idade. O Concello indicou que este mércores as bandeiras ondearán a media hasta.

Xosé Martínez Tato
Xosé Martínez Tato | Fonte: CONCELLO DE TUI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta