Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2025 | Actualizada ás 11:34
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a actualización das zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na comunidade galega.
Segundo recolle a citada publicación, mantéñense como zonas infestadas as parroquias de Abegondo (Santaia), Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María), no Concello de Abegondo; a de Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), no de Carral; a da Pedra (Santa María), en Cariño; así como as de Barallobre (Santiago) e Maniños (San Salvador), no municipio de Fene.
Ademais, engade que pasan de zona infestada a zona tampón na provincia da Coruña, a parroquia de San Xurxo de Moeche (San Xurxo)e na provincia de Lugo, Trabada (Santa María).
Así mesmo, consta que se manteñen como zona tampón por ser limítrofes coas zonas infestadas na provincia da Coruña, as parroquias de Cerneda (San Salvador), Folgoso (Santa Dorotea), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago), Montouto (Santa Cristina) e Viós (San Salvador), no Concello de Abegondo; Laraxe (San Mamede), en Cabanas; a parroquia de Vigo (Santa María), en Cambre; Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no municipio de Cariño; Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), no de Carral.
Inclúe tamén neste apartado a parroquia de Régoa (Santa María), en Cedeira; As Encrobas (San Román), en Cerceda; Castelo (Santiago), en Culleredo; Limodre (Santa Eulalia), Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), en Fene; e Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no Concello de Mugardos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.