Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/02/2025 | Actualizada ás 19:21
O comité do 112 convocou unha concentración para o vindeiro martes, día 11, para esixir a xestión pública do servizo. A protesta terá lugar na Estrada coincidindo coa conmemoración do Día Europeo deste servizo. Segundo informa a CIG, a mobilización, que se desenvolverá no cambio de quenda de 14.30 a 15.00 horas, forma parte dunha iniciativa adoptada a nivel estatal pola representación sindical de boa parte das comunidades autónomas.
Prodúcese, engade, tras o ocorrido pola DANA e para denunciar que as emerxencias "non son un negocio". Será nunha xornada na que tamén haberá unha manifestación en Valencia con persoal do 112 de todo o Estado. Desde o comité, critican que este servizo estea privatizado "e xestionado por unha empresa que non é galega e que non ten experiencia en emerxencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.