Como afrontar a morte a través da realidade virtual

Un proxecto da USC explora o uso reparador da realidade virtual para aliviar a ansiedade ante a morte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Un novo proxecto de investigación do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) profundará no estudo do uso reparador da realidade virtual para axudar a persoas con enfermidades terminais e os seus seres queridos a afrontar a fase final da vida, co propósito de aliviar a dor e a ansiedade causados pola proximidade da morte.

Así, o investigador David Glowacki cualificou o proxecto como unha "investigación de vangarda". "Estou emocionado de ter a oportunidade de liderar un proxecto que ten un potencial impacto global con orixe aquí mesmo, en Santiago de Compostela, xa que esta cidade ten unha reputación como lugar de contemplación espiritual", sinalou.

O proxecto, que leva por nome 'Numadelic' --'Experiencias para mellorar os resultados de saúde mental en pacientes con enfermidades potencialmente mortais', inclúe un ensaio controlado aleatorizado en colaboración con médicos de coidados paliativos e 'doulas', para avaliar o seu impacto na saúde mental dos pacientes, tanto a curto como a longo prazo.

A iniciativa aplicará tecnoloxías de realidade virtual para recrear experiencias próximas á morte, co obxectivo de reducir a ansiedade e fomentar o benestar emocional en pacientes terminais e os seus seres queridos. "Este proxecto ten o potencial de transformar as nosas actitudes cara á morte e o proceso de morrer, algo que a nosa cultura necesita desesperadamente", considerou Glowacki.

Realidade virtual
Realidade virtual | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta