A Deputación de Lugo di que a delegada da Xunta desfrutou de viaxes gratis na época de Cacharro

Detaca que a suposta “contabilidade irregular” que investiga de Lara tivo lugar con gobernos do Partido Popular e di que moitos dos traballadores do organismo provincial que figuran na suposta “lista negra” mantiveron ou melloraron a súa situación laboral.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 29/03/2016 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O goberno da Deputación de Lugo acusou este martes á delegada da Xunta nesta provincia, Raquel Arias, de ser unha das beneficiadas das viaxes que o organismo provincial pagou durante a época de Cacharro Pardo e que investiga a xuíza Pilar de Lara no marco da Operación Pulpo.

Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP
Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP | Fonte: ppdeg.com

“E máis explicacións deberían dar vostedes, pois coñecemos que membros do Partido Popular, como a señora Raquel Arias, entre outros moitos, disfrutaban das viaxes que o Goberno do PP na Deputación subvencionou ata 2006 a funcionarios e fillos de funcionarios.  ¿Con que fondos se pagaban as viaxes aos Deputados do PP señora Candia?”, preguntouse o equipo de goberno provincial nun comunicado.

De feito, foi máis alá e suliñou que deben ser os "membros do Partido Popular" os que "teñen que dar explicacións á cidadanía", porque a suposta "contabilidade irregular" que apareceu nun dos computadores intervidos nesta operación "son gastos dos anos 2003, 2004, 2005 e 2006", cando gobernaba Francisco Cacharro Pardo. Por iso, pídelle á líder do PP de Lugo, Elena Candia, que explique por que membros do seu partido, entre eles, Raquel Arias, fixeron viaxes subvencionados pola Deputación até 2006.

Sobre a  suposta "lista negra" que figura na causa --unha relación de funcionarios da institución cunha presunta afinidade co Partido Popular na que mesmo aparecen datos dos seus familiares--, a Deputación de Lugo destaca que esa lista "comprende nomes de traballadores" que iniciaron "o seu contrato laboral coa Deputación" tanto "na época do PP" como na "etapa de goberno progresista".

Todas as persoas que figuran na mesma melloraron ou mantiveron as súas condicións laborais durante o últimos oito anos, como mostra irrefutable de que a lista que apareceu nun dos computadores intervidos no departamento de comunicación non tiña realmente a finalidade de sinalar aos funcionarios que aparecían nela”, indica.

Sobre esta cuestión tamén di que, como en todas as administracións, o departamento de prensa “garda informacións da institución, ben sexan notas ou comunicacións oficiais, así como calquera tipo de información que afecta á imaxe da Deputación”, aínda que a súa autoría non corresponda ao departamento de prensa. “Por este motivo, igualmente garda panfletos que atacan directamente ao propio persoal deste departamento, así como a Deputados. Polo tanto, informacións anónimas, das que foron vítimas”, engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 galegoexiliado

Sempre se dixo aquello de "Son cartos do Estado", "Paga o Estado", e a xente vótalles porque como sempre se dixo "Fan ben eu tamén o faría" e alguna migalla caerá. E os partidos xa se sabe, teñen que colocar o exceso de personal sobrante. E si quitan as diputacions os funcionarios pasarán á Administración e crearanse novos chiringuitos na Xunta pa colocar militantes e desenrolar o "traballo" das diputacions. Ó final son partidos e políticos quenes fan e desfán, sempre ó seu favor, non ó dos cidadans, uy, perdón, súbditos con dereito a voto.

3 xanciño

ós caciques vialles no ADN o viaxar a conta dos mais, esta señora quería dirixilo PP lucense, mamaiña!!

2 renovacions

alguén imaxina que esta señora fose a Presidenta Provincial do PP?, esta era a renovación? unha Cacharrista que non só estivo comendo da man do cacique maior do reino, senon que aproveitou os cartos públicos para se beneficiar?. TOMA RENOVACIÓN

1 Deputacion clientelar fora

Co Partido Podre, con Cacharro de cacique maior, houbo o maior saqueo publico e burla a democracia. Non se entende por que o PsoE e o BNG non divulgaron, escolleron calar... Ou si se comprende! Pois o PsoE de Besteiro e o BNG dos colocados seguiron a poligica clientelar do Partido Podre, contentando aos de sempre, e dando migallas aos amigos. En Lugo acontece o mesmo que nos dominios do noxento Baltar, cambiaron os que reparten as lambetadas, pero segue o negociado clientelar da deputacion.

1 Lola de Penelas

Certo. Que destaparan no seu momento, que moito habia. As deputacions son chiringuitos, e os falsos e corruptos socialistas, xunto cos enchufes e asociacions amigas do Bloque, en Lugo amosan que NINGUN partido vai facer boas as deputacions clientelares. As disculpas de agora non son so tardias, destapan a quen serven PSOE e BNG.