Por X.M. Fernández | Barcelona | 01/03/2025 | Actualizada ás 11:40
"Altri Non" deixarase sentir e ver cunha performance nas rúas do barrio barcelonés de Gràcia este sábado 1 de marzo. Trátase dunha iniciativa das asociacións ACGB (Asemblea Cultural de Galegos en Barcelona) e Furafollas (entidade cultural teatral) para crear unha comparsa que forme parte da "Rúa de Carnaval".
A idea e, segundo din os organizadores, "dar visibilidade ao que está acontecendo coa macrocelulosa na Ulloa e deixar claro que a nosa posición é NON".
ELABORACIÓN DA COMPARSA
Dende hai días estanse organizando para crear esa comparsa crítica con Altri que terá como elementos principais unha especie de puchos cilíndricos de cartón que arromeden as chemineas dunha fábrica. Os e as compoñentes levarán tamén roupa negra e cada un/unha portarán unha letra para que unidas se poda ler "ALTRI NON".
Para a cara pensaron en maquillaxe que provoque o efecto de manchas de cinza do fume da fábrica, e o confeti que empreguen simbolizará a polución.
Os ensaios e últimos detalles foron este pasado venres 28 e o sábado 1 de marzo ás 18:00 h. desfilarán con esta comparsa polas rúas de Gràcia xunto ao resto que se presente á popular "Rúa de Carnaval".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.