Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 16:18
A Xunta confía en que ao longo deste mes de marzo estea lista a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto da fábrica de Altri en Palas de Rei.
Así o asegurou, en declaracións aos medios, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que apuntou que confía en que proximamente estean "concluídos todos os informes" para que "a dirección xeral correspondente" poida "avaliar cada un e ver que se cumpriu estritamente coa lei".
"Ten que darse o seu tempo", engadiu a conselleira, para quen esta cuestión "resulta ata pesada". "Espero que ao longo deste mes estea terminada a declaración de impacto ambiental", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.