A reserva de auga nos encoros galegos chega case ao 80% tras gañar 21 hectómetros cúbicos na última semana

Os actuais 2.249 hectómetros cúbicos son menos que o ano pasado nestas datas, pero superior á media do últimos dez anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2025 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 78,8% da súa capacidade despois de gañar 21 hectómetros cúbicos de auga na última semana ata almacenar 2.848 en total. Segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes, os encoros das concas dos ríos Miño e Sil, os máis caudalosos, están ao 74,2% da súa capacidade tras recuperar 16 hm3 de auga desde a semana pasada.

Os actuais 2.249 hectómetros cúbicos son menos que o ano pasado nestas datas, pero superior á media do últimos dez anos. Pola súa banda, os encoros da demarcación Galicia Costa albergan 599 hm3, cinco máis que fai sete días, o que os sitúa ao 87,6% da súa capacidade. No seu caso, tamén é menos auga que hai un ano pero máis que ao longo da última década.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta