Falece o operario de 46 anos que sufriu un accidente laboral nunha empresa de Narón o 12 de marzo

Estaba a manipular dúas botellas de CO2 que caeron ao chan e impactaron contra a cabeza de operario.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/03/2025 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Un operario de 46 anos faleceu no mediodía deste luns no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), a consecuencia das feridas sufridas o pasado 12 de marzo nun accidente laboral ocorrido nunha empresa situada no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón.

O traballador pertencía a unha compañía que realiza traballos de gas, naval, equipos de presión, calefacción, renovables, fontanaría e climatización e estaba a manipular dúas botellas de CO2 que caeron ao chan e impactaron contra a cabeza de operario. Segundo afirmaron fontes consultadas por Europa Press, na compañía hai comité de empresa formado por dous delegados de CIG, outros tantos de CC.OO. e un de UGT, pero a empresa en ningún momento comunicou aos representantes dos traballadores nada do ocorrido.

Chuac
Chuac | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta