A Coruña, primeira cidade galega con caixeiro automático de bitcoins

A cidade herculina contará co primeiro dispositivo público para a compra e venda desta moeda electrónica baseada en sistemas de encriptación para garantir o anonimato e a seguridade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/04/2016 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A Coruña será a primeira localidade galega en contar cun caixeiro automático de bitcoins, a moeda electrónica que dende o ano 2009 se está a facer un oco no mercado internacional como alternativa ao mercado de divisas clásico e que usa a encriptación para garantir o anonimato e a seguridade dos seus usuarios.

Caixeiro de bitcoins
Caixeiro de bitcoins | Fonte: Criptonoticias.com.

ATMs Bitcoins Exchange, empresa con sede en Girona, instalará este mércores 27 de abril o primeiro caixeiro en Galicia no Centro Comercial Marineda City da cidade herculina, onde se poderá comprar e vender bitcoins.

Ata a data, a compañía catalá dispón de 17 unidades en España, ás que se sumará o caixeiro da Coruña e outros 4 que instalará en Cataluña, Comunidade Valenciana e Murcia nas próximas semanas.

ATMs Bitcoin Exchange foi fundada en xaneiro de 2015 en Girona co obxectivo de instalar e xestionar caixeiros de bitcoins en todo o territorio estatal; o caixeiro foi deseñado por unha empresa do mesmo grupo, BTC fácil.

CRIPTODIVISA

O bitcoin é unha criptodivisa para o intercambio de bens e servizos creada polo enigmático Satoshi Nakamoto e que empezou a funcionar en 2009. Trátase dun proxecto comunitario e de software libre, baseado en criptografía, que non depende de ningún goberno ou banco central.

Os bitcoins pódense intercambiar de forma case instantánea por diñeiro tradicional, e cada vez hai máis comercios de todo tipo que o aceptan como medio de pago.

Esta moeda alternativa ten unha serie de vantaxes respecto ao diñeiro físico: é anónima, non se pode embargar, transmítese coa mesma facilidade e velocidade que un email, non é necesaria a intervención dun terceiro para realizar un cobro ou pago tanto nacional como internacional, pódese fraccionar tanto como se desexe e é moi difícil de falsificar debido á súa complexidade criptográfica e deslocalización.

Neste último ano a tecnoloxía de bitcoinCT r:  8 está a espertar o máximo interese na banca tradicional e son moitos os especialistas que consideran que pode revolucionar os mercados financeiros de forma similar a como Internet transformou as comunicacións, informa Cointelegraph.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Doutor Ghu

Podese dividir en "satoshis" que son nanobitcoins. 10^-9