Noriega aposta por ampliar as confluencias electorais coa incorporación de IU

Tamén avoga por abrir En Marea a novos colectivos e por transformalo nun partido para ter, dixo, "un espazo político propio" no Congreso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2016 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A posiblidade de que Izquierda Unida (IU) forme parte da confluencia electoral na que participiou En Marea, Podemos, Compromis e En Común Podem nas pasadas electorales comeza a coller forma. De feito, en Galicia, dirixentes das mareas non ven con malos ollos esta posibilidade.

Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta
Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta

"Sería tamén unha gran noticia que no resto do Estado a confluencia, dalgunha maneira, aumentase; falo directamente da colaboración do espazo de Podemos e do espazo de Izquierda Unida", dixo este mércores o rexedor de Compostela, Martiño Noriega.

En declaracións aos medios despois de chegar da súa viaxe a Arxentina con motivo da Feira do Libro de Buenos Aires, Noriega apostou claramente por aumentar a confluencia en Galicia, Cataluña e Valencia, pero tamén a nivel de Estado, se se repiten as eleccións xerais.

"De conseguir esa confluencia entre Podemos e IU en Madrid estaríase en disposición de verdadeiramente acabar con este 'impás' e de abrir, polo tanto, unha nova etapa", dixo. Un entendemento que tamén fixo estensible a Galicia xa que, suliñou, "hai que perfilar os espazos de confluencia que se deron" e "melloralos na medida das posibilidades".

Neste sentido, apostou tamén porque Galicia estea representada en Madrid con "espazos políticos propios" e por iso --aínda que non o dixo claramente-- non vería con malos ollos que En Maria se constituíra como partido para ter grupo propio no Congreso. Por iso, incidiu en que se un partido instrumental facilita ese espazo propio, "e hai prazos, tempos e viabilidade" para iso, é un camiño que se debería explorar e estudar.

Acto de apertura de campaña do 20D de En Marea con Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz, acompañados polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega
Acto de apertura de campaña do 20D de En Marea con Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz, acompañados polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega | Fonte: @martinhonoriega

"Trataríase ademais dunha constitución que sacaría determinados debates do taboleiro, aínda que é un tema do que a min non me toca máis que dar a miña opinión", engadiu.

Por outra banda, non se mostrou favorable de abrir primarias para elixir novos candidatos a esas eleccións se son convocadas porque, lembrou, que o espazo de confluencia "en canto a referentes" foi ratificado "hai pouco" por "400.000 galegos", polo que non cre necesario ese debate, polo menos, no marco das eleccións estatais.EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 idacium

xa regresou do viaxe a arxentina foi co presidente da untada de malicia frijoles... ides caer... a xente xa di de pestes das pestes (anovados - vieiristas- mareyanos- e podricallos) estades metendo a dereita no poder!!!! si os de izquierda la unitaria son tontos de waldo das jons

4 nostrus

Hai que explicar tamen que en Izquierda Undida segue anidando o partido comunista, aquel que tiña como estrela-guia a extinta URSS e que tanto daño fixo a Humanidade, inda que en España non o fixo debido a que non chegou acadar poder. Un pacto asi merece o mesmo respeto que un pacto ca Falange, mais ou menos.

1 Bo Bo

ovíii ovaaa cada dia te qiero maaaa ovi ovi ovi ovaaaa

2 Abraiado

Canto mal lle leva feito a comunistallada mesetaria á nosa Terra... E estes fulanos degradando o seu nome e escangallando aínda máis o nacionalismo galego con servilismos...

3 Se Borges erguera a testa

Así debe ser a feira do libro de Bos Aires cando van o impresentable do careca mais o Frijoles.

2 Abraiado

Que non lles esqueza incorporar tamén a CNT, a UCE, o Sindicato Andaluz del Campo, Castilla Libre y Comunera, o que quedou por aí da ETA...

1 A tope

Tamen aposta por seguir ampliando os baches e os contratos a dedo en Santiago. Fai falta xente seria como os deputados de AGE os gobernos municipais das Mareas ou os enxeñosos deputados. https://www.youtube.com/watch?v=VBz...

1 Comunista

Tanto que presumen os liberados de Imeneo, Galicia Lerele e Troleada Bloqueira de seren "trolls" e non son capaces de apreciar a grande troleada que lle meteu Fernán Vello a C´s e Pp. Mediocres e principiantes, aprendede dos mestres.

2 Liberados de AGE non

Para troleada a folga de fame de varias horas precisamente do enxeñoso degustador de bieiras. http://www.lavozdegalicia.es/galici...

3 AtlantesNonCeltas

Cervantes era Galego, burro.