Evacuados catro feridos, un deles en helicóptero, tras un accidente en Larouco

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas, unha delas en helicóptero, tras un accidente de tráfico ocorrido nas últimas horas no municipio ourensán de Larouco, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Así, o sinistro ocorreu pasadas as 19,00 horas deste luns, na estrada OU-533, á altura de Portomourisco, cando un vehículo no que viaxaban catro persoas saíu da vía e acabou envorcando. Como consecuencia do impacto, os catro ocupantes resultaron feridos e foron evacuados a centros sanitarios. Deles, un tivo que ser trasladado no helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

No operativo participaron, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias, os bombeiros de Valdeorras, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Larouco e de Petín.

ACCIDENTE EN BOIRO

Por outra banda, o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña informou dun accidente con tres feridos no municipio de Boiro, pasadas as 18,00 horas deste luns. Segundo sinalaron, o sinistro ocorreu na Avenida de Barraña e consistiu nunha colisión por alcance, que tivo como resultado tres persoas feridas, unha delas un neno. O operativo realizou os primeiros auxilios ata a chegada da ambulancia.

Ademais dos bombeiros, no punto actuaron tamén axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Boiro.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta