Galicia, o país "do noroeste" e "da mala sorte" onde os trens son sempre os últimos en chegar

O Goberno vincula coa recuperación por "zonas" a dificultade para restaurar os trens en Galicia. A Xunta pide melloras e investimentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2025 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Galicia foi o último territorio de todo o Estado en normalizar o servizo ferroviario tras o gran apagamento do luns. Unha situación que provocou numerosos problemas a milleiros de pasaxeiros habituais dos trens rexionais e de media distancia, pero tamén aqueles que elexiron este transporte para trasladarse a outros puntos da península.

Apagamento na estación da  Coruña
Apagamento na estación da Coruña | Fonte: Gustavo de la Paz

Sobre esta cuestión, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu o feito a que levou "algún tempo máis" restaurar a tensión necesaria nas vías. Mentres, considerou "superada" a situación vivida tras o luns. A preguntas dos xornalistas, antes de presidir unha reunión de seguimento da emerxencia pola interrupción da citada subministración, asegurou que cando se produce unha circunstancia deste tipo "hai que recuperar sitio por sitio". "Ten que ver con que vaia zona por zona e vivir no noroeste", sentenciou sobre o tráfico ferroviario.

Mentres, defendeu a actuación "transparente" por parte das autoridades en relación ao 'apagamento" a pesar dos problemas nas comunicacións. Pedro Blanco, que rexeitou que fose necesario enviar unha mensaxe de alerta, manifestou que foi "fundamental" o traballo dos corpos policiais, "presentes", dixo na rúa, e "en contacto coa cidadanía".

"A xente estaba tranquila", sentenciou ao destacar, ademais, a resposta da cidadanía. Con todo, apelou a "sacar unha ensinanza" e á necesidade de facer unha análise. "É a primeira crise onde se decreta o nivel 3", precisou para destacar a "colaboración" entre todas as administracións e o papel dos distintos profesionais involucrados, en especial os que traballan desde o servizo de emerxencias 112. "Entre todos fomos capaces de facerlle fronte", sinalou sobre a situación, pero sen descartar a necesidade de "mellorar" despois de en que Galicia algúns servizos de restablecesen máis tarde.

RUEDA

Unha opinión que tamén comparte o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou que se normalizou a situación do transporte ferroviario, aínda que máis tarde que noutros sitios.  A ese respecto, lamentou que Galicia ten "especial mala sorte" en materia de melloras e investimento en ferrocarril por parte do Goberno e parece que, agora, na recuperación do servizo tras o apagamento, tamén queda "de última". Por iso, pediu "celeridade" para restablecer ese transporte ao completo, un transporte que debe ser atendido de modo "preferente", aínda que "xa non era así antes desta crise".

PONTE DE MAIO

Por outra banda, un total de 5.300 trens de alta velocidade, media e longa distancia das tres empresas ferroviarias que operan en España --Renfe, Iryo e Ouigo-- circularán por toda a rede ferroviaria desde este mércores ata o domingo, período no que se estende a Ponte de Maio, segundo datos de Adif. Do total, máis dun centenar sairán ou chegarán a Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta