Feijóo di que está a favor dun pacto pola lingua sempre desde un “bilingüismo cordial”

Di que seguirá loitando para que “ninguén se apropie do galego” e anuncia novas axudas para traer lectores en lenguas estranxeiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/05/2016 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non rexeitou este xoves o pacto pola lingua ao que aludiu este mércores o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, durante os actos do aniversario das Irmandades da Fala. Sen embargo, suliñou que, calquera acordo en materia lingüística ten que estar supeditado baixo o “bilingüismo cordial” que caracterizou o seu goberno e o seu decreto do galego.

Xesús Alonso Montero, Alberto Núñez Feijóo e outros membros da RAG nun acto do Día das Letras
Xesús Alonso Montero, Alberto Núñez Feijóo e outros membros da RAG nun acto do Día das Letras | Fonte: xunta.gal

“Do que se trata é de facer ver pedagoxicamente a certos grupos da clase media que non abonda con usar o galego liturxicamente, onte en cen tribunas. Terá que ser o idioma normal do fogar, o idioma da respiración vital. A tarefa por forza ten que ser de toda a sociedade. Ninguén está excluído. Uns achegarán máis, outros menos, pero na sociedade o protagonismo teñen que telo os políticos. En Galicia teriamos que falar dun pacto galego sobre o idioma, e a partir de aí empezar a traballar". Esta era a petición que facía Alonso Montero.

Unha petición que Feijóo non rexeitou, pero foi contundente na resposta: “Eu sempre estou a favor dese pacto desde que cheguei ao goberno pero, sempre, desde un bilingüismo cordial e con cordialidade”, dixo ao ser preguntado polo Galicia Confidencial sobre as declaracións do presidente da RAG.

Neste sentido, o presidente galego destacou que fai súas as palabras que Alonso Montero dixo durante os actos de conmemoración do Día das Letras Galegas na casa museo de Manuel María, o pasado 17 de maio, e destacou que cos membros da academia sempre houbo “boas relacións institucionais” e “de respecto mutuo”.

“Unhas relacións que seguiremos mantendo e traballando polo galego. Por iso non queremos que ninguén se apropie del”, dixo Feijóo en alusión ao uso político que algunhas forzas fan da lingua.

Previamente, e durante o Consello da Xunta deste xoves, o presidente galego presumiu do plurilingüismo do seu goberno e anunciou novas achegas públicas para financiar lectores de linguas estranxeiras en Galicia. “É unha boa noticia este compromiso que temos co plurilingüismo para que os mozos teñan máis capacidades profesionais no futuro”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

9 Hermerico

Som um bilingüista, moi apaixonado, um colonialista, bem colonizado. Tenho umha língua nai, e umha língua pai, e umha língua filha, que me maravilha. Som um alheado, fino e progressista, bem domesticado, som um castrapista, como está mandado.

1 AmigodelpayaseteHermerico

Hermerico, estás totalmente apalominao. Los prejuicios te nublan el caletre y con semejantes tonterías pareces bobito. No tengo el placer de conocerte, pero me gustaría contarte entre mis conocidos, para tomar unas copas contigo y escarallarme de risa con tus disertaciones sobre la língua, expaña y el capitalismo, que seguro que tienes para todo. Si quieres, dime dónde puedo encontrarme contigo y nos presentamos. ¿Vives en Santiago? Yo soy de Santiago y cualquier lugar sería bueno

8 Olga

Estou farto de que me censuren comentarios en La Voz de Galicia. Nunca me meto con ninguén e son respectuoso, creo que non lles gusta o que digo, simplemente.

7 Pugnaz

No sé si comenté esto pero me parece interesante. Temas como este sólo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la constitucional que nos configura como una sola nación española, que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas afectadas por la Carta europea de las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional o minoritaria dentro del amplio marco que ofrece la Constitución, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas con un claro cariz político, segregacionista y pugnaz, cosa que pretenden los que inventan una lengua lusitanizante en la que el pueblo no se reconoce.

6 FRIJONARCO

Agora como si chama, defuncion armonica, defunción cordial, defuncion biligue?. Que mais Frijonarco. Cal é a nova ocurrencia, para coller o Galego. e botalo o lixo. As linguas se falan, si as linguas valen, e si non valen non se falan. E ti, Frijonarco, mais os bifidos ben que o saibes, por iso o Galego o equiparas o Ingles e demais linguas que aqui non se falan, A rañala, Frijonarco.

5 wwww

O pacto tiña que ser pra quitar os lusismos do galego, cada día dan máis noxo os "loce" "produto" e "soma".

1 Susavila

Ti si que loces! Mellor "producccto", que ti remarcas o " c", e rematar en consoantes, tipo Madrid e Valladolid (así temos toponimos deturpados tipo Mellid, Carud ou Candad)... E colocamos unha muralla de pedras na raia seca, e paxaro que ouse cruzar, pun. E no río fronteira de arame e fios de corrente, e peixe que salte electrocutámolo, por non obedecer a lei... Mesclar português con galego, que delito! Nada que ver, é como o catalán e o valenciano ou o mallorquín, nada que ver! Ou o andaluz e o arxentino? Ben, non!!! Todo o tocante a España é unidade!!!

2 wwww

Claro, e os alemans din "produKt", os ingleses "produCt", e os cataláns "produCte", porque copian os madrileños, e aquí temos que escribir "produto" porque así o din os xefes de lisboa. Tiñan que quitar todos estes lusismos artificiais , que só existen no galego oficial, na fala ninguén os usa.

3 Susavila

Clarísimo, ti dis "produCto", eu teño un veciño que non pronuncia o "r" e fala de "ploduto", cousas particulares... Por certo, o "ñ" tan español non che molesta no galego? Non existe no francés, inglés, alemán, catalán... Claro que non, os anti-lusistas adoran o imperio español tanto como odian o portugues! O racismo ten cura!

4 wwww

Qué falas mer dento? se non és portuguesista tes que ser xa nacionalista español? Sodes tan limitados que non asumides que haxa máis opcións que a mer da de portugal ou españa. Por iso sodes catro monas.

5 salome sobrado

wwww, deberias cambiar o nick por ññññ. Esta visto que deron no cravo: o ñ de España telo asumido e defendelo a morte! O que se pica, allos come... e ti es ññññ! Tanta defensa da fronteira con Portugal para abrirse a Españññña! Tanta penetracion pola porta traseira de Españññña!