Feijóo di que está a favor dun pacto pola lingua sempre desde un “bilingüismo cordial”

Di que seguirá loitando para que “ninguén se apropie do galego” e anuncia novas axudas para traer lectores en lenguas estranxeiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/05/2016 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non rexeitou este xoves o pacto pola lingua ao que aludiu este mércores o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, durante os actos do aniversario das Irmandades da Fala. Sen embargo, suliñou que, calquera acordo en materia lingüística ten que estar supeditado baixo o “bilingüismo cordial” que caracterizou o seu goberno e o seu decreto do galego.

Xesús Alonso Montero, Alberto Núñez Feijóo e outros membros da RAG nun acto do Día das Letras
Xesús Alonso Montero, Alberto Núñez Feijóo e outros membros da RAG nun acto do Día das Letras | Fonte: xunta.gal

“Do que se trata é de facer ver pedagoxicamente a certos grupos da clase media que non abonda con usar o galego liturxicamente, onte en cen tribunas. Terá que ser o idioma normal do fogar, o idioma da respiración vital. A tarefa por forza ten que ser de toda a sociedade. Ninguén está excluído. Uns achegarán máis, outros menos, pero na sociedade o protagonismo teñen que telo os políticos. En Galicia teriamos que falar dun pacto galego sobre o idioma, e a partir de aí empezar a traballar". Esta era a petición que facía Alonso Montero.

Unha petición que Feijóo non rexeitou, pero foi contundente na resposta: “Eu sempre estou a favor dese pacto desde que cheguei ao goberno pero, sempre, desde un bilingüismo cordial e con cordialidade”, dixo ao ser preguntado polo Galicia Confidencial sobre as declaracións do presidente da RAG.

Neste sentido, o presidente galego destacou que fai súas as palabras que Alonso Montero dixo durante os actos de conmemoración do Día das Letras Galegas na casa museo de Manuel María, o pasado 17 de maio, e destacou que cos membros da academia sempre houbo “boas relacións institucionais” e “de respecto mutuo”.

“Unhas relacións que seguiremos mantendo e traballando polo galego. Por iso non queremos que ninguén se apropie del”, dixo Feijóo en alusión ao uso político que algunhas forzas fan da lingua.

Previamente, e durante o Consello da Xunta deste xoves, o presidente galego presumiu do plurilingüismo do seu goberno e anunciou novas achegas públicas para financiar lectores de linguas estranxeiras en Galicia. “É unha boa noticia este compromiso que temos co plurilingüismo para que os mozos teñan máis capacidades profesionais no futuro”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

4 Ti protestas, eu te acuso

Home apropiarse do galego, non sei quén...agora das axudas de Frijoles ao galego, apropiase Santino principalmente, mais outros falcatruáns.

3 Antiordenadores do AGE

Este fai como os do Anova, o Cerna, o Foro e os de CxG., os que rachan coa unidade, nese caso linguística, reclaman despois unidade,

2 galego

Se Feijóo, ninguén está en contra de aprender outros idiomas, máis ben todo o contrario. Pero non se pode ir á ningures sen saber de onde se ven. O noso idioma é o galego, e como instrumento esencial do noso ser debe ser mimado e protexido.

1 Pugnaz

El Sr. Alonso Montero, pese a ser comunista me parece mucho más respetable que el sinvergüenza que lo precedió. Dicho lo anterior, la intención de la RAG con respecto a la lengua gallega está clara: todo el que no se dedique fundamentalmente a cultivarla y defenderla, la persigue. No hay neutralidad, es decir, no puede haber paz entre esta lengua y la castellana. La RAG ha levantado el hacha de la guerra frente a todos los castellano parlantes que, por serlo, persiguen a muerte al idioma gallego.

1 fora con este paiaso

Para quen escreve este ghicho?