Temas: LUGO BOXEO PIñA

O Piña: "Tarde ou cedo serei campeón de España"

O boxeador lucense Alberto Piñeiro, O Piña, fala nesta entrevista sobre a súa paixón e sobre o combate declarado nulo que o puido facer campión de España. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Hai unhas semanas, O Piña mantiña un dos combates máis importantes da súa vida. Loitaba co asturiano Manuel Punky Iglesias, por conseguir o título de Campeón de España. Pero unha decisión moi criticada dos árbitros declarou nula a pelexa. Unha situación que facía que Iglesias mantivera o cinto de campeón.

O boxeador Alberto Piñeiro, Piña
O boxeador Alberto Piñeiro, Piña | Fonte: Pedro Agrelo

"Eu sinceramente, penso que gañei o combate, aínda que puiden ter feito máis. Tanto o árbitro, como o meu adestrador, como eu estabamos tranquilos porque o noso obxectivo era ser campeón de España e nolo quitaron. Pero, non mo quitaron, retrasaronmo porque tarde ou cedo vou ser campión de España", apunta nesta reportaxe realizada por Óscar Dacosta para GC.

Piña fala da súa paixón e de coma os seus pais non querían que se adicara a este deporte. "Os meus pais non querían que fixera este deporte pero eu seguín a miña intuición porque a min me encanta boxear. Son un mozo que cando subo a un ring, disfruto", apunta.

Comezou a boxear cando tiña 14 anos. Adestrou varios anos ata que decidiu debutar. "Cando o comentei en casa mesu pais dixeronme que nin de broma, que estaba tolo", di. Pero seguiu e hoxe compite por ser o mellor.

"Este é un deporte de risco, pero toda a agresividade está canalizada. É un deporte de táctica porque a loita é de estratexia e gaña quen mellor estudou ao rival.

O boxeador Alberto Piñeiro, Piña, nun combate
O boxeador Alberto Piñeiro, Piña, nun combate | Fonte: Pedro Agrelo

É un deporte moi duro. Se queres algo tes que ter claro o que queres porque hai que levar unha dieta estricta, adestrar todos os días varias horas. "Se queres facerte un nome neste mundo é moi complicado", indica.

Temas: LUGO BOXEO PIñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta