Por GC Emprende | Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 11:35
A empresa galega Aerocamaras participou, xunto á compañía de seguridade de Honduras Spartan, nun curso de formación en materia de seguridade con drons galegos nas instalacións que ten esta empresa hondureña ten en Tegucigalpa.
Nun comunicado, a empresa destacou que o adestramento se dividiu en varias partes: seguridade VIP con drones en vehículos; tipos de reacción dende vehículos con drons (armas curtas e longas); operativo a pé de vixilancia e evacuacións. Os drons galegos tamén estiveron presentes en accións relacionadas co control perimetral de edificios e controis terroristas. Para realizar os adestramentos, a empresa utilizou o modelo 'Predator Spartan'.
Este curso, conforme recordou Aerocamaras, prodúcese nun momento no que o Goberno galego deu luz verde á instalación dunha fábrica de drons nas Rozas (Lugo) como un polo industrial e de desenvolvemento tecnolóxico para aeronaves civís non tripuladas (drons) coas multinacionais Indra e Inaer.
Con todo, a empresa asegurou que, a pesar de que xa hai leis referentes aos RPAS, empresas españolas e galegas seguen pendentes da aprobación definitiva dunha normativa para a utilización de drones. Nos últimos anos, estes aparatos popularizáronse nos últimos anos no ámbito de seguridade xa que se trata dun sistema de vixilancia menos visible que os avións e poden permanecer no aire durante máis tempo que estes últimos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.