Búscanse xornalistas, avogados ou psicólogos para posto de técnico superior de informática

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia recorre o proceso selectivo da Deputación da Coruña para un posto técnico informático, pero aberto a licenciados en Psicoloxía, Socioloxía, Dereito, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, ou Económicas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/06/2016 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de interpoñer un recurso potestativo de reposición contra a Resolución nº8221/2016, do 19 de abril, pola que a Deputación da Coruña convocou o proceso selectivo para elaborar unha listaxe de “aspirantes a nomeamentos e/ou contratacións de persoal laboral temporal para postos de Técnico/a superior de Informática”. A razón principal do recurso é que "nas bases se fixa como requisito unha serie de titulacións que non garanten o bo desempeño do posto", alega o CPEIG.

Enxeñeiro informático
Enxeñeiro informático | Fonte: bu.edu.

Entre outros títulos, a Deputación da Coruña admite para este concurso os de Psicoloxía, Socioloxía, Dereito, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo ou Económicas, e ofrece amais a posibilidade de que tamén se poidan presenta licenciados ou enxeñeiros en Informática. Por isto, o CPEIG solicita que se “estime e acorde establecer coma requisito estar en posesión unicamente do título de enxeñeiro en Informática, eliminando o resto de titulacións sen ningunha conexión cos postos ofertados”.

"Parecería absolutamente disparatado pensar que para deseñar unha ponte se ofertase un posto no que se admitise un licenciado en Dereito ou un xornalista", argúen.

Neste sentido, o recurso presentado o pasado 26 de maio sinala o seguinte: “Parecería absolutamente disparatado pensar que para deseñar unha ponte se ofertase un posto no que se admitise un licenciado en Dereito ou un xornalista. Pois exactamente iso é o que está facendo nesta convocatoria, tendo en conta que na actualidade os sistemas informáticos se ocupan de cuestións estratéxicas e de importancia vital na vida das persoas, polo que non poden ser deixados en mans de xente que non estea suficiente e correctamente preparada”.

No escrito, asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, alégase que “sen discutir a capacidade para outras cuestións das titulacións requiridas como requisito establecido na resolución recorrida, as funcións só poden estar cubertas de xeito idóneo por aquelas persoas que estean en posesión do Título de Enxeñeiro/a en Informática”. “Esa titulación –afonda o CPEIG– é a única que abrangue todas as capacidades e coñecementos necesarios para o desenvolvemento das funcións requiridas polo temario”.

Así mesmo, o CPEIG entende que de igualarse a titulación de Enxeñeiro/a en Informática con todas aquelas recollidas nas bases da convocatoria, que nada teñen que ver cos postos ofertados, estaríase a vulnerar o disposto no artigo 23 da Constitución Española, e maila Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, vulnerando os principios de mérito e capacidade que deben rexer calquera proceso selectivo.

Mediante a interposición do recurso, o CPEIG di atendee aos seus fins esenciais: "a representación exclusiva da profesión e a defensa dos intereses profesionais dos titulados", ademais de exercer “a representación que establezan as leis para o cumprimento dos seus fins e, especialmente, a representación e defensa da profesión ante calquera administración pública, institución, tribunal, entidade e particular, podendo exercitar o dereito de petición conforme á Lei e propoñer cantas reformas lexislativas estime xustas para a defensa da profesión”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Berdia

O que non se entende tampouco é por qué impiden o acceso a licenciaturas como xeografía e historia, filoloxía portuguesa ou bioloxía... por mencionar só algunhas!

4 Balbino Fernández

Pergunten no PsoEspañol ou no Bloque vendido ao espanhol.... Seguro que eles saben quen ia ser o beneficiado. Igual que o Partido Podre, ou pior que presumen de limpos.

3 son eu

e non será que o posto está diseñado para alguén que ten algunha titulación das mencionadas???

2 santalla

O circo provincial.

1 manu2

Isto pasa en todas as administracións públicas galegas. É realmente algo inexplicable.