Temas: UPYD ELECCIóNS

Campaña de baixo custe de UpyD

Esta formación só se presenta por Pontevedra. Lista na que irán os principais responsables e dirixentes en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/06/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

UpyD aínda se resiste a desaparecer, a pesar da multitude de cargos e dirixentes que marcharon para Ciudadanos. Este partido presenta candidatura só en Pontevedra, con Enrique Lareo, psicólogo, mestre e logopeda de 59 anos e actual coordinador de UPYD en Galicia, como cabeza de lista.

O equipo de UPyD en Galicia canda Rosa Díez
O equipo de UPyD en Galicia canda Rosa Díez

Unha campaña que fará, segundo esta formación con “ilusión, enerxía e ganas de transmitir aos cidadáns as propostas de UPYD” pero de moi baixo custe. “É hora de apostar por un partido con credibilidade e reivindicar o traballo honesto da nosa formación durante estes 9 anos”, suliña.

Xunto a Lareo, a ex responsable da formación maxenta, Ana Alonso que figura como número 2 e Javier Lojo, responsable de comunicación do partido en Galicia e candidato de UPYD nas pasadas eleccións, como número 3.

Pontevedra é a única circunscrición na que se presenta UPYD en Galicia, ao tratarse dunha decisión dos propios afiliados. UPYD xa prepara os próximos comicios autonómicos, ao entender que Galicia merece unha verdadeira forza de centro como UPYD.

A campaña de UPYD será low cost xa que entendemos que os cidadáns non teñen por que pagar os pratos rotos dunha falta de entendemento entre os partidos políticos ademais de porque seguimos defendendo a autofinanciación das formacións políticas”, sinala Javier Lojo. O lema da formación “ O noso pacto é contigo”.

Temas: UPYD ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se fosemos xustos deberamos recoñecerlle a UPyD o ser o partido fundamental que abriu o melón da chamada REXENERACION DEMOCRÁTICA! Aínda temos pendente o cambio da Constitución, e aínda temos pendente ver se En Marea é ou non é un digno sucesor de UPyD ou simplemente trátase de marear ao elector e máis nada!!! Nove anos e parece que pasou unha ETERNIDADE !!!