A Xunta xustifica o peche de camas porque di que faltan médicos para cubrir as vacacións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, di que “non hai suficientes” doutores para cubrir aos que marchan de vacacións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2016 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asegurou este venres que hai "problemas en moitas ocasións para contratar médicos" porque "non hai suficientes" para cubrir o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que se vai de vacacións.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS | Fonte: Xoán Crespo.

Deste xeito tentou xustificar Almuíña as manifestacións que se producen en distintas cidades galegas contra o peche de camas durante o verán, así como as críticas por non cubrir as ausencias dos facultativos que se van de vacacións para manter o ritmo de traballo durante a época estival.

Sobre esta cuestión, o conselleiro dixo que "peche de camas é un termo incorrecto", dado que "as camas sempre están onde teñen que estar" e se utilizan "segundo as necesidades". "O que facemos é unha planificación simplemente por ordenación das vacacións do persoal", dixo Vázquez Almuíña, que pediu a "tódolos galegos" que "non teñan ningunha preocupación", dado que todo aquel que "necesite estar ingresado vai a poder estalo sen ningún problema".

Paralelamente, recordou que durante estes meses "a actividade baixa", tanto polas vacacións dos profesionais coma pola diminución dalgunhas patoloxías que "fan que se enchan os centros", como as respiratorias.

Finalmente, indicou que o Sergas ten "máis de 36.000 traballadores", unha parte importante persoal facultativo, e asegurou que "en moitas ocasións" hai "problemas para contratar médicos" porque "non hai suficientes para todo o persoal que colle as súas vacacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anti Otánico-sionista

Logo...xa emigraron todos os nosos médicos?

1 Dr Bacterio

Para facer peonadas e para traballar na pública e na privada concertada sempre hai médicos.