Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/07/2016 | Actualizada ás 10:45
A coñecida como Mota Grande do Outeiro do Ferro-Penagache, tamén coñecido como o conxunto megalítico da Portela do Pau, na Serra do Leboreiro, no concello de Verea, ten 4.000 metros cúbicos de volume total, 52 m. de diámetro e os 4 m. de altura conservados. Con este tamaño pasa por ser unha das mámoas máis grandes de Galicia.
Ademais, a súa especial posición e un foco de atracción visual a grandes distancias, tanto se se observa dende a divisoria norte da Baixa Limia como dende os vales do río Deva e Arnoia. Si se tivera feito uns metros máis atrás perdería esa función monumental. Máis en Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.