Trátase da Medorra da Seara do Campelín en Navia de Suarna. Adega e Mariña Patrimonio piden unha investigación para comprobar estes feitos.
Patrimonio dos Ancares pediu en 2017 a protección deste ben que está nunha casa reitoral de Outeiro de Rei e que, segundo a tradición oral, apareceu nunha mámoa.
Os xacementos arqueolóxicos en Galicia están en perigo constante ben pola política forestal ou a presión urbanística. Asociacións vinculadas á defensa do patrimonio denuncian a falta de interese por parte das autoridades autonómicas en protexer xacementos catalogados e de non incluír novos achados nas listas de bens patrimoniais. Son varias as voces que sinalan os intereses económicos como os culpables deste deixamento no cumprimento das súas funcións por parte da administración.
  comenta   0
A empresa di preparar un novo informe sobre este parque eólico e a Xunta afirma que aplicará medidas correctoras para a conservación do conxunto patrimonial.
  comenta   0
O colectivo Mariña Patrimonio acaba de solicitarlle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a catalogación e protección de dúas novas mámoas localizadas en Xove grazas á información facilitada “por un profesor da zona”.
Trátase do dolmen de Penabor e da mámoa do cruceiro da insua. Mariña Patrimonio di que "previsiblemente" non será catalogados polo "boicot da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ás súas solicitudes".
Estes bens catalogados están situados nun treito, de arredor de dez quilómetros, no que se conservan trinta e catro enterramentos do Neolítico.
Patrimonio dos Ancares dá conta da descuberta de novas estacións de petróglifos e dúas mámoas e denuncia a destrución doutra que estaba catalogada.
Trátase dunha das mámoas do xacemento de Pena Grande, en Vilalba, o mesmo refuxio prehistórico que estivo a punto de ser vendido polo Goberno central en poxa pública.
A agresión ao monumento megalítico tivo lugar durante unha plantación e corta de eucaliptos no Valadouro.
  comenta   0
A Mota grande é unha dos túmulos funerarios máis grandes de Galicia e está situado, xustamente, na Raia seca.
  comenta   0
As máis de 8.000 fichas do portal social patrimoniogalego.net incorporan modelos en tres dimensións realizados con software gratuíto e de código aberto.
  comenta   0
Un libro une historia e turismo nunha viaxe por 50 lugares de Galicia, desde covas paleolíticas ata as pallozas do Piornedo.
  comenta   0