Os bens culturais galegos, agora en 3D

As máis de 8.000 fichas do portal social patrimoniogalego.net incorporan modelos en tres dimensións realizados con software gratuíto e de código aberto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2016 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Modelo en 3D do petróglifo pedra da Serpe
Modelo en 3D do petróglifo pedra da Serpe | Fonte: patrimoniogalego.net

A incorporación de modelos 3D a partir da fotogrametría é unha técnica en auxe de gran popularidade que permite reproducir de forma tridimensional calquera figura real a partir dunha colección de fotografías”, apuntan desde esta web. Así, mediante o uso de software -gran parte del gratuíto e de código aberto- os catalogadores poden elaborar modelos e incorporalos ás fichas dos bens co fin de obter unha representación pormenorizada dos mesmos. Deste xeito, os usuarios depatrimoniogalego.net poderán achegarse aos monumentos catalogados para apreciar os detalles de preto e xiralos en calquera sentido para contemplalos dende o ángulo desexado.

Petróglifos e monumentos megalíticos, xa dispoñibles

Opetróglifo da Pedra da Serpe e aPedrafita de Lamilo de Arriba, ambos en Boiro, os petróglifos deBoallo e doCastriño de Conxo, en Vimianzo e en Santiago respectivamente, ou aAnta de Abuíme, no Saviñao, son algúns dos bens que xa é posible explorar en tres dimensións no catálogo dixital. Estes exemplos da abundante arte rupestre galega ou dos monumentos megalíticos figuran entre os primeiros dos que se realizou unha réplica virtual, aos que seguiran outros de distinta tipoloxía. A idea é que os catalogadores de patrimoniogalego.net -que pode ser calquera usuario que se anime a colgar fichas dos bens culturais da súa contorna- se vaian animando paulatinamente a facer uso desta nova técnica á hora de cubrir os distintos campos das fichas dos bens culturais.

Petróglifo de Conxo

Coas fotogrametrías 3D, o equipo de patrimoniogalego.net dálle continuidade a unha xeira de melloras e de novidades tecnolóxicas destinadas a facer aínda máis completo o que xa é o meirande catálogo social en liña do patrimonio cultural de Galicia”, suliña nun comunicado. En 2015 presentaba patrimoniogalego.net para Google Earth, unha ferramentacomplementaria que permite empregar o catálogo en combinación cun dos programas SIX (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares da internet. Cada noite o servidor de patrimoniogalego.net realiza unha operación para converter a base de datos nun ficheiro KMZ, que é a estrutura de datos nativa de Google Earth.  A día de hoxe xa figuran máis de 8.000 elementos.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta