O Arquivo Militar de Ferrol non se trasladará a Madrid, asegura o Ministerio de Defensa

Segundo informou nun comunicado a Delegación do Goberno en Galicia, o valor do patrimonio que atesoura o Ministerio nos territorios "é esencial" para difundir a cultura de defensa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2024 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia



O Ministerio de Defensa ten un "posicionamento claro" e confirma que o Arquivo Militar de Ferrol manterase na localidade coruñesa e non será trasladado a Madrid.

Segundo informou nun comunicado a Delegación do Goberno en Galicia, o valor do patrimonio que atesoura o Ministerio nos territorios "é esencial" para difundir a cultura de defensa. "Non está previsto, tal e como se sostén desde algúns ámbitos, que haxa ningún tipo de movemento", incidiu.

Por iso, os ferroláns "poden estar tranquilos" porque o Arquivo Militar queda en Ferrol, unha cidade cunha "estreita vinculación" ao traballo que desenvolven as Forzas Armadas e a industria de defensa en España.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, nunha visita a Unidade Militar de Emerxencias (UME) na Base Aérea de Torrejón (Madrid)
A ministra de Defensa, Margarita Robles, nunha visita a Unidade Militar de Emerxencias (UME) na Base Aérea de Torrejón (Madrid) | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta