Varios campos de mámoas en Ferrol foron arrasados por eucaliptos desde 2015 a pesar das denuncias

En menos dun ano xa se contabilizaron ata tres agresións a necrópoles megalíticas con maquinaria pesada.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 23/01/2018 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

As agresións ás mámoas do concello de Ferrol debido ás plantacións e tallas de eucaliptos son continuadas. Desde febreiro de 2015 hai documentadas agresións que foron comunicadas a Patrimonio. E, aínda así, as agresións continuaron en abril de 2016 e marzo de 2017.

Maquinaria pesada arrasou unha necrópole magalítica para plantar eucaliptos
Maquinaria pesada arrasou unha necrópole magalítica para plantar eucaliptos | Fonte: Xabier Moure

De feito, é a terceira vez en menos dun ano que monumentos megalíticos son destrozados neste concello. Primeiro era unha mámoa de Mougá, na parroquia de Doniños, en Ferrol e logo a Mámoa 1 de Espadanido, na parroquia de Esmelle, tamén no mesmo concello. E, hai uns días eran catro mámoas da necrópole megalítica coñecida como A Cheira as afectadas tal e como denuncia o portal Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ghazafelho

Os maderista fan o que lles peta e ninguén lles para os pés