BNG e Anova, tan preto e tan lonxe o 25X

As dúas forzas coinciden no ton progresista e nacionalista dos seus discursos nos actos do Día de Galicia, pero seguen moi afastadas a unha da outra, como se escenificou este ano en Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/07/2016 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A unidade do nacionalismo galego segue sendo unha quimera. Tras o espellismo do pasado ano, cando  todas as organizacións políticas nacionalistas, galeguistas e independentistas acudiron xuntas á manifestación unitaria do 25 de xullo, desta vez a realidade volve amosar a división do nacionalismo e da esquerda galega. Cada un foi polo seu lado no Día de Galicia, para uns, ou da Patria, para outros.

Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016
Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016 | Fonte: @GorettiSRei.

Non son poucas as voces que esixen que BNG e Anova se entendan dunha vez para artellar unha gran confluencia da esquerda nacionalista galega. Pero a Anova pésánlle os seus socios de En Marea —Esquerda Unida e Podemos Galicia,— considerados partidos ao servizo de Madrid polo sector da UPG, que domina o Bloque. E esa segue sendo a liña vermella que os separa: unidade só do nacionalismo ou unidade de todo o progresismo, tamén co español? Cando menos nos seus discursos de hoxe, ambas as dúas formacións coincidiron na necesidade de máis soberanía para Galicia e ambas as dúas chamaron a buscar o entendemento entre as partes, pero sen facer concesións explícitas, de momento, e marcando moito esa liña vermella de separación.

Tamén hai un laio compartido por moitos pola decisión de Compromiso por Galicia (CxG) de presentarse soa aos próximos comicios galegos, no canto de traballar pola confluencia do nacionalismo galego ou das mareas; algo que tamén quedou en evidencia hoxe co acto propio que tamén organizou este partido no parque Eugenio Granell.

E mentres, no PSdeG seguen ao seu, co seu tradicional acto do 25 de xullo afastados do rebumbio nacionalista, cun acto en Rianxo no que houbo unha ofrenda floral a Castelao.

BNG

A habitual manifestación que convoca o BNG polo Día da Patria comezou na Alameda de Compostela pasado un cuarto de hora do mediodía, cunha apelación a buscar unha "alternativa nacionalista" forte, como proclamou a voceira nacional e candidata da formación á Presidencia da Xunta, Ana Pontón.

Intervención de Beiras no acto de Anova co gallo do 25 de Xullo
Intervención de Beiras no acto de Anova co gallo do 25 de Xullo | Fonte: ‏@PepeAriasGZ.

"Hai que encher as urnas de voto ao BNG para botar a Feijóo", manifestou Ana Pontón, en declaracións previas ao inicio da mobilización que, como é habitual, rematou nunha ateigada Praza da Quintana coas intervencións políticas, incluída a da propia voceira nacional.

Así mesmo, a candidata á Presidencia da Xunta proclamou que "non vale" un "corta e pega" de propostas chegadas da "Complutense que non teñen que ver co noso país", subliñando a liña vermella entre eles e En Marea. Ana Pontón tamén subliñou que nesta mobilización están e foron chamados todos aqueles que defenden "a lingua, a cultura e que traballan para que Galicia poida saír adiante".

Posteriormente, Pontón expresou na Quintana que "temos que tender a man e unir a todas as galegas e galegos na defensa dun proxecto de país con futuro”, pero recoñecendo que hai condicións: "Cada día que pasa teño máis convencemento de que precisamos forzas políticas propias. Porque sen pobo autoorganizado non hai proceso de autodeterminación”, advertiu Pontón.

O BNG chega a esta manifestación tras aprobar as súas candidaturas para as eleccións galegas deste outono, a primeira formación representativa de Galicia que conta con todos os seus candidatos xa designados, de entre os cales algúns encabezaron a pancarta da marcha polas rúas compostelanas como membros da Executiva nacional xunto a Ana Pontón.

Faino tamén en pleno proceso de refundación e con voces internas que apostan por unha reconfiguración do nacionalismo de maior calado que a liña oficial aprobada na XV Asemblea Nacional do pasado mes de febreiro, como así fixeron reflectir no coñecido como 'manifesto de Vidán' que asinaron dúas deputadas autonómicas, Tereixa Paz e Carme Adán, que deron a batalla interna na asemblea, e o propio exvoceiro nacional, Xavier Vence.

Precisamente, as dúas deputadas deixáronse ver na parte máis dianteira da manifestación, mentres que o que foi voceiro nacional ata a asemblea de febreiro mantívose nun discreto lugar, lonxe dos focos dos xornalistas. Entre as caras coñecidas do nacionalismo galego tamén estiveron a voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda; o voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, e o o exlíder da formación Guillerme Vázquez.

ANOVA

Non moi lonxe de alí, tiña o acto de Anova Irmandade na capital galega, non tan numeroso, no Parque de Galeras. Alí, Xosé Manuel Beiras defendeu que "o espírito das Irmandades está nas mareas, por dous motores: o pobo galego como suxeito político e a República".

Anova sacou a relucir o seu espírito máis nacionalista neste acto, e máis discreto no seu papel en En Marea, apelando ao lema "Viva Galiza Ceibe e popular!". Pero acto serviu tamén para manifestar a aposta de Anova por unha marea galega a partir da asemblea do próximo día 30, impulsada polos tres alcaldes da confluencia que gobernan nas principais cidades e que teña como base a cidadanía, á marxe de siglas, e na que os partidos "apoien" e "acheguen" ideas programáticas.

Beiras alentou os seus a "convencer ao resto de organizacións, e sobre todo aos seus cadros dirixentes, que o panorama é tan dantesco que hai que reaxir", chamando así á confluencia. O líder de Anova está convencido de que "cómpre comezar outra vez a tarefa histórica de liberación, fronte ao totalitarismo larvado".

Ademais, defendeu que "as alianzas a nivel de Estado son indispensables para poder catapultar nosa cuestión nacional", marcando de novo a liña vermella que separa a Anova e BNG.

Pola súa banda, a eurodeputada Lidia Senra avogou por un cambio que sexa feminista, reclamando un papel clave para as mulleres na política actual, xa que "non é posible avanzar e construír democracia sen a metade da poboación: as mulleres", dixo. Senra tamén criticou a Unión Europea cando dixo que "se queremos construír a patria galega, temos que ter en conta a axenda europea, que nos nega a capacidade de decidir".

Talvez o momento máis agardado deste acto foi a intervención de Carlos Aymerich, o último gran escindido do BNG. O político. menbro do Foro Galego, mostrou así o seu apoio a Anova, malia non militar nesta formación, e dixo que para el son "obxectivos fundamentais" a "liberdade nacional e a xustiza social".

Durante o acto, os distintos representantes de Anova que interviron lanzaron proclamas contra "o extremismo neoliberal" e chamamentos a unha "alianza da esquerda política e social" para "artellar unha resposta" á perda dos "dereitos sociais conquistados, xa só reservados para algúns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

4 Loureiro

Onde celebrou Yoli Procesiones o Día da Patria Galega?

3 Marea=fraude

Onde foi o acto de Podemos (o partido plurinacional ... en Catalunya só). Onde foi o acto de Yolanda Díaz e IU? O único que fan os de IU neste día é repartir panfletos na mani do BNG. Co meu voto que non conten estes Mareados. Xa levaron dous e non levan máis

2 xubilade o vello

A diferencia e que votar -Vieiras e votar pp no poder e votar Bloque e sacar o pp no goberno!!!! miren o que fixo podreiros meter o marijuano 8 meses mais no goberno! o vello non ten xente fixo gran purga de mozos anovados a xente de ahi os 50 son contratados polo golfiño merendiño de santiAGE de compoñendas, e agora diganme o que fixo o AGE nestes anos a sua corruPPciíon e malignidade evidente, caeron no mais baixo sendo un monifate de podreiros vallecanos... o vello ten que irse xa!!!!

1 Luso

Aprende a escreber . Non se entende nada.

2 Anova rip

Entender enténdese ben, Iluso. Outra cousa é que ti sexas quen.

1 XanKaraLlás

As diferenzas son que Anova é un partido vivo e que quere contribuír a mudar as cousas de verdade, mentres que o BNG é absolutamente inoperante, no mellor dos casos.

1 Que si tio

Xa se ver por iso vos tivestes que meter en Podemos cando sodes só os que saen na foto que fostes montarlle o acto ao pobre vello para que puidese falar cando xa lle destes a coitelada polas costas e non vai ir nas listas

2 XanKaraLlás

Mira, burriño, Anova non é un partido sectario, é un partido que quere mudar as cousas de verdade e busca a unidade da esquerda, tanto se é nacionalista como se non, sempre que esa esquerda recoñeza o dereito de autodeterminación e teña un programa verdadeiramente de esquerdas. O BNG está máis que anquilosado, cada vez vai a peor e ten menos apoio polo seu sectarismo e estupidez porque a súa política está máis que claro que non serve máis que para beneficiar o PP, para que goberne en Galiza de maneira perpetua. E, iso si, son moi dados a pactar con ese partido tan soberanista galego que se chama PSOE. O goberno bipartito foi tan "galeguista" que non se notaba que non estaba a gobernar o PP.

3 XanKaraLlás

O verdadeiro inimigo e rival a bater por parte da dereita en Galiza seguro que é o BNG-UPG, ¿non si? Xa vos deu a razón algún dirixente pepeiro dicindo que o BNG facía ben en non aliarse coa Marea Atlántica porque non era propio dun partido nacionalista ir con partidos como Podemos ou Esquerda Unida, ao non seren nacionalistas. Vos estades a facer "o mesmiño" que Castelao, que como sabemos non formou parte da Frente Popular. Sodes uns fenómenos.

4 Liberados de AGE non

JAja que non é un partido sectario di o Lanuevo este!!! Se xa vos escindistes e tivestes varias escisións e os catro que quedades que non sodes mais que os da foto andades agora a ver se Podemos vos deixa seguir!!! E non fales do PP que os vosos novos amos de PPodemos acaban de regalarlle catro anos mais a Mariano! A culpa é de que non levastes xenerais da OTAN abondo nas listas xenios!!!

5 Comunista

Até que o BnG non pague os pufos millonarios que ten coa banca española, procurade non falar de AMOS, que facedes o ridículo. É un consello.

6 Comunista do BCE

Outra vez o Comunista da OTAN falando dos pufos que deixaron Beiras e os demais marchosos e que xa están case pagos cun importante esforzo colectivo. IU pagou a campaña de AGE e beneficiouse de condonacións de pufos. Podemos non ten que endebedarse porque a oligarquía mediática lle fixo a campaña de balde.