Por GC Emprende | Santiago | 26/07/2016 | Actualizada ás 17:00
Un acordo entre Abanca e a Cámara de Comercio de Santiago permitirá subvencionar a metade da estanza dun ano no viveiro de empresas da entidade compostelana, situado no polígono de Costa Vella, para tres emprendedores.
Durante eses meses, os elixidos recibirán unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa, con axuda das ferramentas necesarias de xestión e o asesoramento dos técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio, segundo indicou esta nun comunicado.
Deste modo, aspírase a poñer en marcha o proxecto empresarial dos tres elixidos, así como a garantir a súa viabilidade empresarial. Este programa enmárcase no convenio de colaboración que asinaron este martes en Santiago o presidente da entidade cameral, Jesús Asorey, e o presidente de Abanca, Santiago Novoa.
O acto deste martes tamén permitiu prorrogar a colaboración entre ambas as dúas entidades. Así mesmo, en virtude deste acordo, Abanca ofrecerá aos emprendedores a posibilidade de acceder a empréstitos ou 'leasing' de novos investimentos, entre outras opcións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.