Temas: MAR SUBMARINISMO

Galicia, á cabeza no aumento das mortes en actividades subacuáticas

O número de mergulladores falecidos en España no que vai de 2016 é de 24. Galicia e Canarias son as comunidades con máis accidentes mortais, con catro cada unha.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2016 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O número de mergulladores falecidos en España no que vai de 2016 é de 24, unha cifra que xa supera ao total de falecidos do pasado ano, segundo un estudo realizado pola Asociación ExtraSub. Galicia e Canarias son as comunidades con máis accidentes mortais, con catro cada unha.

Pesca submarina
Pesca submarina | Fonte: Brocken Inaglory.

Tal e como indica o estudo, este dato equivale a máis de tres mergulladores mortos por mes, o que a xuízo dos expertos é unha cifra "excesiva", tendo en conta que as actividades subacuáticas non presentan "per se" un risco elevado se se respectan as estritas normas de seguridade que rexen a súa práctica.

Así, por autonomías, Galicia e Canarias son as comunidades que máis accidentes mortais rexistran, con catro falecidos en cada unha, seguidas de Andalucía e Baleares, con tres, e Cantabria, con falecidos. E Asturias, Cataluña, Ceuta, Murcia, País Vasco e a Comunidade Valenciana rexistraron un morto. Ademais, outros dous españois faleceron mentres mergullaban no estranxeiro.

Por sexos, case a totalidade dos falecidos eran homes, cunha representación do 96%. Só unha muller mergulladora faleceu en 2016. Segundo o estudo, este feito "chama a atención", dado que as mulleres representan arredor do 30% do total de mergulladores.

En canto a modalidades subacuáticas, é a pesca submarina, cun total de 16 falecidos, a que destaca en número de mortes. Ségueno o mergullo, con cinco, e a apnea/snorkel, con dous falecidos. Na modalidade de mergullo profesional produciuse un só accidente con resultado de morte.

Por idades, é a franxa entre 41 e 50 anos a que máis vítimas presenta, con once vítimas mortais, seguida dos 31 aos 40 anos, con cinco persoas, e menores de 20 anos, con cinco mortos. A media de idade entre os falecidos é de 41 anos.

O estudo tamén determina cáles son as causas máis comúns polas que se producen os accidentes de mergullo. Entre elas destaca mergullarse en solitario (prohibido polas normas de seguridade), o exceso de confianza, unha inadecuada capacidade física, malas condicións do mar, non respectar os tempos para a correcta descompresión, barotraumatismos e exceder tanto os límites de risco/beneficio como os fisiolóxicos.

Con todo iso, a Asociación ExtraSub advirte de que a práctica do mergullo require dunha condición física saudable. Ademais recomenda que se pase un recoñecemento médico especializado cada dous anos.

Así mesmo, a entidade, xunto con diferentes entidades e colectivos relacionados coas actividades subacuáticas, pide ao Ministerio de Fomento que actualice a normativa de seguridade vixente, que ten xa case 20 anos, e que "non ten en conta a realidade do mergullo actual". Segundo a asociación, dita petición recibiu "escasa resposta ata a data".

Temas: MAR SUBMARINISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta