Xa hai equipo na TVG

Finalmente Pilar Bermúdez Blanco será a nova xefe de informativos da TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/06/2009 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Tanto Sánchez Izquierdo como Rosa Vilas tiveron unha semana moi axitada xa que non daban co perfil adecuado ademais de ter "pequenas diferencias de criterio". Nos últimos días puxeronse en contacto con varios profesionais, algúns dos cales, rexeitaron o nomeamento. Entre os aspirantes estaban Xosé Mejuto, Xesús Fontenla, Cruz García, Encina Ramos, Gloria Rodríguez e Néstor Barreira, subdirector de informativos de Tele 5.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

39 observador

"¿Por qué non agardades a ver como traballa para criticala?". Melro, tes toda a razón. Porque, en efecto, ninguén a viu nunca traballar.

38 Risco

Queda un abraiado ó ve-lo nivel das críticas. Seguro que reflicten o índice de intelixencia dalgúns. Ese que asina como "seinotodo", e os que lle fan o coro, se non é el mesmo, saberá moitas cousas, pero do que hai que saber e ter como persoa está a cero. A vista dos comentarios, non me extraña que a Galega dea a imaxe que da.

37 Melro

Para empezar polo final, a Cortázar, o Ministerio de Traballo, daquela do PP por certo, estivo a punto de lle tumbar un convenio, pero non o fixo, porque CC.OO. recuou, como fai sempre. Non creo que Cortázar volva,pero non sería unha boa nova, porque é responsable de boa parte da desfeita que hai na casa.
Os comentarios sobre Pilara non teñen un pase. ¿Por qué non agardades a ver como traballa para criticala?. Volven a saír os dous bandos irreconciliables, os roxos e os azuís, os bos e os malos.
Sodes unha panda de mal levados que da noxo. De mal levados e de pelotas. Hai xente que se salva, pero moi pouca.

36 Vindeover

Sí, de feito estaban buscando xente nova para darlle cargos, pero era condición indispensable que non tiveran denunciado á empresa e claro, así as cousas, non houbo forma. Todo o mundo ten á tele denunciada salvo os fixos. Igual por iso a Manzano quedou sin cargo... se hai denuncia, non hai plus.

35 CRTVG

Deixade de falar de Cortazar, el non ten moita gaña de voltar, por que saiu farto de moitas cousas. Para os que lle votan a responsabilidade das "desfeitas" dicirlles que miren a outras persoas, el tiña xente por enriba e non podia facer todo. Ademais en 15 anos e mais de seis convenios nunca lle tumbaron ún e denuncias por despidos non pasaron de vinte, o bipartito: en tres anos un convenio tumbado e mais de 150 denuncias, e todo un recor