A UPG celebra o aniversario do asasinato de Moncho Reboiras reivindicando unha forza propia para Galicia

A FPG realizará outra homenaxe o sábado. A Fundación para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza vén de editar unha biografía e unha lámina do militante asasinado pola policía franquista.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/08/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Este venres, como cada 12 de agosto, a Unión do Povo Galego (UPG), o único gran partido que queda no BNG, conmemora o aniversario do asasinato en 1975 do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, por disparos da policía española nun portal da Rúa da Terra, en Ferrol.

Unha das homenaxes a Moncho Reboiras
Unha das homenaxes a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Un acto no que este ano, coa proximidade das autonómicas, non faltará a reivindicación política. De feito, a  UPG cre que o asasinato de Reboiras “ten causa na firmeza con que  afrontaron a loita por unha Galiza soberana e socialista”. Por iso, destaca a importancia de manter “o empeño permanente” por dotar o pobo galego de “forzas propias en todos os ámbitos, sen dependencias alleas, como a única maneira de garantir ás clases traballadoras da Galiza un futuro que o estado español e os intereses dos seus poderes económico-políticos lle negaban e lle continúan a negar”.

Ademais, lembra que “é,precisamente a auto-organización do povo galego o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo, precisamente porque é a ferramenta básica para podermos enfrontar con decisión o camiño da nosa liberdade”.

Reboiras tiña 25 anos cando foi asasinado logo dunha manifestación en Ferrol. Militaba na UPG desde os 19 anos. Tamén participou activamente  no campo cultural impulsando a fundación da Frente Cultural Galega, no seu papel na fundación da Asociación Cultural O Castro e da revista Des.parafuso, así como na actividade na Asociación Cultural de Vigo. Operario nos estaleiros de Barreras, en Cerámicas Álvarez, máis tarde en Astano e despois en Intelsa, na Coruña, foi peza fundamental na constitución do Sindicato Obreiro Galego, antecedente da CIG.

Reboiras tamén foi organizador das primeiras células de ERGA nos centros de ensino da Coruña. Membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, naquel momento clandestina, para a que traballou incansabelmente co obxectivo de a dotar de medios e infraestruturas que permitisen máis capacidade na loita política por un futuro de liberdade e soberanía para a nosa Patria.

“Este ano, cando se cumpren 41 anos do seu asasinato, os camaradas e as camaradas do Partido ao que Reboiras entregou xenerosamente o seu firme e activo compromiso militante, recollemos o seu exemplo e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida”, apunta a UPG nun comunicado.

FPG

Tamén a FPG realizará outra homenaxe este sábado no mercado de Teis, en Vigo. "Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras", apunta nun comunicado.

Esta formación, que forma parte de Anova, destaca que o "exemplo de Reboiras elévase como unha alternativa de futuro para rachar coas cadeas do capitalismo, do imperialismo, das políticas de exterminio contra a nosa clase e a nosa nación".

Libro

Por outra banda, un ano máis, a Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza homenaxea a Reboiras coa edición dunha biografía e unha lámina do activista. coincidindo co seu 41º cabodano.

O groso desta biografía correspóndese co seu compromiso político, como militante nacionalista, en favor das clases populares de Galiza. “Un compromiso que sería central na creación dun sindicalismo nacionalista galego, o que daría lugar ao Sindicato Obreiro Galego”, segundo subliña.

Ademais, a Fundación Moncho Reboiras editou unha lámina na que se recupera unha fotografía de Xosé Ramón Reboiras Noia que achega unha faciana máis familiar e humana do histórico activista galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

9 Antonimo

Pena que se cuspan pestes contra a boa xente... dá moita mágoa... que se fale así sen saber... Pena!

8 Hermerico

Viver num regime herdeiro do franquismo fai com que os fascistas podam fazer impunemente apologia do assassinato de Reboiras polo seu braço armado, que é o mesmo que tenhem agora.

1 nostrus

O pasado franquista é imposible de quitar porque o pasado non pode ser trocado, pero vivimos no rexime que queremos vivir porque temos democracia, cousa que non vos gusta aos que queriades unha ditadura ao voso xeito.

2 Hermerico

O passado franquista matede-lo vivo os fascistas no actual regime que pactuastedes com o reformismo. O resultado é umha pseudo-democracia burguesa nom homologável com as outras de occcidente, que mantém impunes os criminais fascistas e os interesses da oligarquia da dictadura

7 ENVER HOXHA

parasitos burgueses que non vos lembrades do meu cabodano.

6 nostrus

Bueno, presentan al Reboiras este como un gran guerrilero, luchador por una causa justa y que se convirtio en un martir laico, cuando en realidad era un cobarde delincuente, que no tenia media hostia, pero que era capaz de matar a cualquiera y que eligió ser terrorista quizas por su cobardia. No me alegro de su muerte porque era un ser humano, aunque su calaña no deberia ser mejor que la de cualquier rata.

5 Hermerico

Isso do terrorismo é umha tradiçommuito hispánica. Há um antecessor com Viriato. E depois já vinhérom os autênticos iniciadores, Espoz y Mina, El Empecinado, o cura Merino, etc...

1 nostrus

Por favor Hermerico, no compares a Reboiras con el Empecinado, comparalo si quieres con un gusano.

2 Hermerico

Claro que nom é o mesmo, daquela as tropas de ocupaçom chamavam bandidos aos insurgentes, agora os terroristas chamam terroristas aos insurgentes