‘Galicia, mellor sen touradas’ propón un plan para “vetar as corridas de touros” en 7 meses

A plataforma pide aos partidos políticos galegos que subscriban un acordo para "o fin da tauromaquia no territorio galego"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2016 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A plataforma 'Galicia Mellor sen Touradas' propuxo aos partidos políticos galegos un plan para "vetar corridas de touros" en sete meses, un acordo que espera que sexa subscrito por distintas formacións de cara ao goberno que xurdirá tras as eleccións do 25 de setembro.

Contra as touradas
Contra as touradas

A asociación subliñou, a través dun comunicado, a "proximidade" desta idea cos programas de BNG e En Marea e confía en "sumar os próximos deputados do PSdeG á proposta".

Para a plataforma, "o fin da tauromaquia no territorio galego é unha situación natural", xa que "tres dos cinco municipios que albergaban eventos taurinos" (A Coruña, Sarria e Padrón) decidiron en 2015 deixar de financialos con fondos municipais ou provinciais, mentres que "só sobrevive unha feira taurina de formato reducido en Pontevedra, sede da única praza de touros da comunidade", e unha solta-capea en Valga.

O proxecto dos abolicionistas incluiría a tramitación dunha Proposición de Lei por algún dos futuros grupos parlamentarios e, despois da súa aprobación, a moratoria de 6 a 7 meses, onde se resolverían as hipotéticas solicitudes de indemnización. 'Galicia, Mellor Sen Touradas' estima que os potenciais pagamentos a empresarios afectados pola decisión do Pazo do Hórreo serían moi baixos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

3 Hermerico

Os trolls da UPG defendendo as touradas de Lores. Con estes "nacionalistas gallegos" nom necessitamos nacionalistas espanhóis. O día da festa nacional espanhola tanbém defenderám que volte a estar con as forças de ocupaçom. Qual é a diferença com Carmeno VillaresquenomVilares? Tal vez o BNG seja ainda mais farsante e hipócrita que o reformismo espanholista.

2 Gamela

Se os touros fosen a gran urxencia da política galega, ben estaríamos! Non subvencionar touradas con cartos públicos paréceme ben, pero iso de PROHIBIR vai ser que NON !!!

1 Buceta

Normal, que se torture un animal e sufra para divertir o humano, parece moi recomendable para educar ou españolizar a futuras camadas de civilizados humanoides. Igual podemos recuperar as tradicionais noutrora corridas de golfiños de Pontevedra para goce de Gamela, pois masacrar roaces satisface moito a espiritus nobres. E o circo con gladiadores, se cadra tampouco se debe prohibir, nas pelis queda bonito e perdese tanta cultura! A vindeira festa podemos tirar a Gamela do campanario no lugar da cabra, pola cultura ben paga un sacrificio!

2 Gamela

Podes facer o mesmo cos asasinos do DAESH xa que te vexo moi valiente para tirar Gamelas do campanario... Se cadra deberas facer algo máis nobre a prol da Humanidade! Claro que ao mellor estás máis preocupado das touradas pontevedresas que de salvar as vidas inocentes en Alepo... Se cadra levas razón !!! Animal x Animal = Buceta !

3 Arrpanpan

Gamela, cando aquí se fala de prohibirlle aos cataláns o referendum de independencia, tí nen chío pero cando se fala de prohibir a tortura dun animal ata a súa morte por parte duns neandertais, entón nada de prohibición. Deberías saber, que os mamíferos compartimos os mesmos centros da dor no cerebro. Vamos que sentiríamos o mesmo cao touro durante esa tortura, que è "la fieta nacioná".

4 Gamela

As decapitacións son máis clementes que as touradas... deber doer menos ?

5 Arrpanpan

Gamela éstas enferma... Facer dano é facer dano é punto. Sexa a un animal ou a un humano, a ver se vós enterades españolistas carpovetónicos.

6 Buceta

O problema non reside so en facer dano a un animal que sente (enorme, por certo!). O problema esta nas Gamelas de turno que gozan vendo sufrir a un animal (e iso semella enfermidade!). Se cadra Gamela pensa que asistimos de espectadores gozosos as decapitacions, ou que somos impasibles ante as atrocidades do Daesh, e todo por non tolerar a festa españolista! Confunde ou despista? Ben pensado, sabendo que Gamela xa ten defendido a censura (a min, por certo, que ben te lembro) neste medio, que profesa certas inclinacions bifidas, e machistas (a gorda, por exemplo), comezo a sospeitar de que a Gamela teña un furado españoleiro que alcatrea... E cando un ten asumido o seu rol, xa pode fregar con sosa caustica!

7 Gamela

Arrpanpam cando aprendas a escribir ao mellor tomámoche en serio: CARPETOVETÓNICO é precisamente un bo calificativo para un razoamento SIMPLE: como todo sofrimento é condenable quitamos do mundo calquera acción que poda producilo... está ben o conto para os que disfrutades dunha VIDA VIRTUAL !!! Buceta quere retorcer a súa cruzada polos animais (PACMA) con descalificar a calquera que non pense coma el... Moi interesante o teu argumento... calumniar a un medio que che permite escribir libremente as túas BURRADAS ! Vai escribir ao ABC ou a La Razón xa verás que divertido... Mesmo podes facer prácticas en La Voz de Galicia que alí agora teñen unha CENSURA férrea en plena Campaña Electoral !!!

8 Arrpanpan

No meu caso escribir dende o móbil acortando a palabra ten o pase da inmediatez, pero o teu utilizando o che en vez de te co verbo tomar (tomámoste)... Erros gramaticais aparte, reitero que estás, ou as persoas que disfrutades co sufrimento dun ser vivo, estádes enfermas. O que ti chamas vida virtual eu chámolle un mínimo de empatía cos animais. Qué a tí te poña esa clase de violencia gratuita, a aplaudas, a vexades como algo normal é que a elevedes a categoría de arte xa vos define. É a mesma palabra que ti amablemente me correxiches con maiusculas.

9 Amigos para siempre

Gamela, aliás Naranjito, que te temos catado de vello. A ti vaiche a censura, no meu caso confirmo o que apuntaron: ti Gamela vas de acusador e de censor! Es parte do problema (dos touros e dos médios con censura)!

10 Gamela

Imos rematando, alégrame ver que todos poñedes na miña boca TODO O QUE TEDES ESCOITADO A COTÍO na defensa das corridas de touros (iso de touradas deixámollo aos filólogos do BNG!) pero vai ser que NON, que o único que dixen -ver arriba- é que iso de PROHIBIR non vai conmigo de entrada... PROHIBIDO PROHIBIR (sónavos de algo aos censores da PACMA?) Ala, a rañala, que xa estou canso de perder o tempo con INTEGRISTAS DO SÉTIMO DÍA !!!

11 Arrpanpan

E dilo tí Gamela que mesturas as touradas co terroismo Islamistas e sabe deus que máis cousas. Pero quedounos claro a túa posición sobre a violencia con esta frase "como todo sofrimento é condenable quitamos do mundo calquera acción que poda producilo... está ben o conto para os que disfrutades dunha VIDA VIRTUAL " Sí, se o sufrimento é posible evitar como no caso das touradas, éstas DEBENSE PROHIBIR. Xa non enganas a ninguén, veste de progre por estos lares pero acabas emborcando á dereita. Ata a próxima ciutadana, saúdos á Lago e á Losada.

12 Desiderio

O buenismo estupendo do Gamela non serve cando toca a censura. Cada quen ten as súas debilidades, abofé que se revelan pronto na superficie da pel. E logo a leria de non prohibir. Imos ver, confiamos nas persoas e non prohibimos pescar en tempo de veda, tampouco estacionar nas beirarruas e nas prazas dos minusválidos, fumar nos hospitais e nas escolas, mallar no can ou na muller... E que prohibir dalle tanta pereza a Gamela! Ou Gamela esconde una paixón bárbara pola súa "fiesta nacional(ista) española"? Cando insiste tanto a mula en ir por unha verea determinada, algo tapa por moito que mova o rabo para despistar!

13 Gamela

Arrpanpan & Desiderio gostaríame saber onde podo solicitar o carné de "progre" para non padecer máis esta bárbara doenza que identificades en mín tan xenerosamente! Cicais sexa unha cuestión xenética entón xa non teño remedio, pero cal foi a vacuna que vos puxeron a vós para ser tan SENSIBLES coa dor dos animáis e tan pouco tolerantes coas opinións de algúns humanoides coma mín ? Ese carné débeno dar en sitios moi selectos ou pódese conseguir de BALDE ? Amén.

14 Arrpanpan

No teu caso, xa que nos ves co cínismo, que é a arma que lle queda as persoas que non poden contestar con argumentos razoables, a única cura sería un mínimo de SENSIBILIDADE, cara uns seres vivos que son torturados por mero disfrute, da que ti obviamente careces. Dicir que esto: https://www.youtube.com/watch?v=HBX..., non se pode prohibir e unha aberración coma ti mesma.

15 Buceta

Gamela fas augas maiores! Pillaronte ben pillado, ficas retratado como o que es. Pides tolerancia de opinions e recoñeceste como censor (acusacions directas que ti mesmo confirmas). Divagas e mesturas allos con bugallos para desviar a atencion: a diversion humana en base ao sufrimento dos animais non che molesta (pode que ate che agrade). Aqui e noutros medios xa te catamos con pareceres semellantes ante a diglosia, de furibundos ataques a persoa para criticar a politica de partido ou con perlas machistas, logo o de progre vaiche grande..., e seguro que non so ti ris da progresia.

16 Gamela

Hoxe lin un artigo no que pensaban que ante o 30% de indecisos nas eleccións galegas seguramente a meirando parte votarían PACMA ! Así que non hai que por mal non veña... Cando gobernedes podedes PROHIBIR tódalas touradas en Galicia e mesmo meter no cárcere a aqueles que viaxen ao sur de Francia para ver como torturan e asasinan ao touros na Camarga... Deséxovos moita Fortuna o 25S !

17 Arrpanpan

Esta claro que non o vai prohibir o facherío corrupto ao que ti lle votas. Pero do que tratamos aquí é da túa INSENSIBILIDADE polo maltrato, tortura e morte dos animais nas corridas a mans de individos cobardes e por individuos aínda máis cobardes que miran e aplauden, como seguramente é o teu caso. A min dame igual que sexa en Francia ou no polo norte esmagándolle o cráneo a crias de foca. Hai cousas que non se deben facer e punto.

18 Gamela

Ata onde teño memoria nunca votei "facherío corrupto" na miña vida! Pero semella que tes artes adivinatorias e pos na miña boca o que xamáis dixen para lavar a túa CONCIENCIA ANIMALISTA ! Aburres coa túa sensiblería barata... ESTO SÍ É SOFRIMENTO https://youtu.be/nQkI81Kg6Lw E punto final.----------

19 Arrpanpan

A diferencia entre as personas coma tí que disfrutades do sufrimento animal e as que non, é que tanto no video que puxen eu coma o que pos ti, vemos unha violencia intolerable coa que se debe acabar, PROHIBIR. E ti Gamela, a esa mínima sensibilidade ( que defines como barata) non chegas. Ademáis de noxo das pena, agora non intentes remédialo porque te afundes aínda máis na túa propia merda. Xa todos sabemos que coxeas da perna dereita... Por moito que a mona se vista de seda mona se queda.

1 C. Paradela

Ogalla no BNG o tivesen tan claro. E de Podemos nada esperamos ("nada de prohibir" dixo o semideus Pablo Iglesias, traducido: "nada de molestar o facherio")). Pero do BNG de Pontevedra que axuda a que cadren as contas dos promotores con cartos publicos (co conto da praza imprescindible para espectaculos, cando feiras e festas se fan igualmente sen praza), que ainda onte estaban no palco da praza disfrutando da barbarie e defendendoa na prensa, que traen a cantar ao gandeiro fachoso e amigo dos paraisos fiscais, Bertin Osborne, pois non hai moito que confiar no BNG. Seria como pedirlle ao PPsoE que non se corrompan, que deixen de favorecer aos amigos, que sexan decentes!