Crack lucense de 15 anos

O piloto Jorge Prado, campión de Europa de 125cc hai un ano, estreouse no Mundial de Motocrós MX2 no Gran Premio dos Países Baixos en Assen cun terceiro posto. É o primeiro español en subir ao podio na categoría con só 15 anos.

Por gcdeportes | Lugo | 30/08/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Ante os mellores pilotos do mundo, con moito talento e máis descaro, un soño cumprido. Con tan só 15 anos, o máis novo da competición, terceiro posto e podio no deu debut nun Mundial de motocrós. Non puido saír mellor a desexada estrea do lucense Jorge Prado no Campionato do Mundo de categoría MX2, ademáis na catedral, Assen, no Gran Premio dos Países Baixos. É o primeiro español que consigue subir ao podio en MX2 con só 15 anos.

Jorge Prado, piloto lucense de Red Bull-KTM, en Assen.
Jorge Prado, piloto lucense de Red Bull-KTM, en Assen. | Fonte: @jorgeprado61

Despois de que unha lesión no ombreiro por mor dunha caída impediran a Jorge Prado debutar nas dúas probas anteriores (Bélxica e Suíza), o piloto galego puido por fin estrearse esta fín de semana. Na clasificación do sábado acadou un espectacular primeiro posto, aguantando os ataques dos grandes favoritos como Jeffrey Herlings ou Calvin Vlaanderen. Xa o domingo, despois de saír en primeira posición (holeshot) nas dúas mangas, 12º na primeira e 2º na última manga. Na clasificación xeral, terceiro e podio, un resultado histórico que lle permite instalarse xa na elite mundialista.

"Aínda non o creo. Foi a fin de semana perfecta, polas saídas, por saber aguantar en condicións moi complicadas na primeira manga e por esta segunda manga que me trouxo ata o podio. Disfrutei moito e estou feliz”, dixo Jorge Prado en meta. “Fin de semana perfecto, 2 holeshot e podio !un soño!”, añadiu no seu twitter (@jorgeprado61).

Jorge Prado (Lugo, 5 de xaneiro do 2001) vive en Lommel, localidade belga á que a súa familia trasladouse hai xa catro anos, trala súa fichaxe por KTM, para apostar pola prometedora carreira do seu fillo e que puidese adestrarse cos mellores pilotos. En Lommel, no Gran Premio de Bélxica, estaba prevista a súa estrea hai un mes, que finalmente por mor da lesión aconteceu esta fin de semana en Assen.

Prado foi campión de Europa e do Mundo MX65 no 2011, con tan só 10 anos, e xusto hai un ano, no 2015 e tamén en Assen, acadou o campionato de Europa de 125cc. Agora, con tan só 15, xa está subido ao podio do Mundial MX2. O piloto lucense seguirá competindo coa súa KTM oficial nos dous últimos grandes premios da tempada que se disputarán en Estadou Unidos. Como conta na biografía na súa páxina web oficial, fala español, inglés e holandés “pero todos con acento gallego”.

Jorge Prado, no terceiro posto do podio en Assen.
Jorge Prado, no terceiro posto do podio en Assen. | Fonte: @jorgeprado61

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta