Lea xudicial en Ourense pola candidatura de En Marea

O PP denuncia a David Rodríguez ante a Xunta electoral porque di que non presentou a renuncia como rexedor a tempo. Luís Villares acusa aos populares de “fuxir da democracia” porque “temen” unha derrota en Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/09/2016 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

O Partido Popular impugnou a lista de En Marea en Ourense ao entender que o número dous desa candidatura, o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, non presentou a súa renuncia como rexedor no prazo previsto que marca a Lei Orgánica Electoral.

David Rodríguez e Beiras tras unha reunión da coordinadora de Anova
David Rodríguez e Beiras tras unha reunión da coordinadora de Anova

Este partido di que Rodríguez presentou a súa renuncia ao cargo o día 29 de agosto nun pleno, cando o prazo para emendar posibles erros das listas electorais remataba o día 28 de agosto. Unha denuncia que, desde en Marea, consideran unha “maniobra política”.

Así, o candidato de En marea, Luís Villares criticou que o PPdeG “foxe da democracia porque  van verder tamén en Ourense". "Esta é a bancarrota ética de Baltar, nunha provincia onde hai unha monarquía baltárica que decide a dedo as listas, veñen a impugnar as dos demais. Saben que a competencia vailles ser letal", engadiu.

Durante a súa visita a Sarria, e en resposta a preguntas dos xornalistas, o candidato de En Marea á presidencia da Xunta asegurou que, desde o punto de vista xudicial, a impugnación da lista de Ourense por parte do Partido Popular non ten percorrido por dúas razóns. “Primeiro, porque a interpretación da normativa electoral sempre é antiformalista, no sentido de que se busca o efecto de participación electoral, hai unha vontade política de renunciar  e está constatada e metida por rexistro con anterioridade a que o caso fose estudado pola Xunta Electoral”, apuntou.

E, en segundo lugar, “non se pode prexudicar a un concello pequeno que non ten secretario interventor de forma habitual precisamente pola carencia de medios” á que, segundo dixo, os somete goberno Feijóo. Por todo isto, Villares asegurou que “a xunta electoral non vai ter ningunha dificultade en apreciar estas condicións e a candidatura de Ánxeles Cuña e neste caso David Rodríguez será a gañadora nos vindeiros comicios na provincia de Ourense”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 Balbino

Que ten que ver o BNG nesta noticia??????? Aaah vale que iso da igual o importante é enmerdar e que nom pase do 5% para que todo siga igual.

9 PPNG

Ó final a denuncia foi DESESTIMADA. Mala sorte para o Feijoo e os trolls do BNG, outro día será.

1 Comunista

Benito sé fuerte. PP&BnG game over. https://www.youtube.com/watch?v=R_3...

8 Tior

As trapalladas e cacicadas baltaristas son ben coñecidas, pero iso non xustifica que os "novos políticos" pásense a lei polo forro do pantalón. Con estos feitos, no fondo, demóstrase que o alcalde de Manzaneda parécese bastante aos baltares e os seus acólitos

7 Ted Flanders

Novos cantantes, vellas cantigas!! ai....aquelo da rexeneráción....da casta...do nacionalismo....a dereita institucional (PP) contra a dereita procesual (Popo-demos-Anueva-Izquierda Unidad (y olé!) peleas de cans polos osos do País (Galiza)...Ala becarios (Comu-mu-nistas dependientes-independientes) xa tedes traballo para gañar o pan!!!

6 PPNG

Menuda maneira de perder os papéis, colegas benejeros ... se ides desaparecer alomenos facelo con dignidade.

1 anonimo

Eu non son do BNG nin de ninguén de feito, pero pasmo coa cegueira que tendes os da marea, acaso non vedes clariño que si, ides sacar máis co Bng seguro, pero ides levar un hostiazo grande grande...e despois a implosión, iso vese vir a leguas, sodes un polvorín con moitos fumes que despois do 25s vanse converter en lumes.