Feijóo blinda o dereito dos castelánfalantes na Xunta a dez días do 25S

A Xunta aproba o Decreto de Protección Cidadá que equiparará o uso do galego e do español na Administración pública galega.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/09/2016 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

“A partir de agora, calquera cidadán que acuda á Xunta e se exprese en castelán poderá ser respondido polo funcionario que o atenda en castelán". Así de contundente foi este xoves o anuncio realizado polo presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, sobre os dereitos lingüísticos dos usuarios que acudan á Administración galega.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Este “novo” dereito dos cidadáns será “blindado”, segundo Feijóo, no novo Decreto de Protección Cidadá, tal e como confirmou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Ata hoxe a todos os cidadáns que a acudían ás nosas dependencias administrativas se lles contestaba en galego, independentemente de se utilizaban esta lingua ou o castelán. Agora iso vai cambiar”, destacaba.

Un anuncio que chega a dez días dos comicios autonómicos e que entronca cunha das esixencias expresadas por Ciudadanos, o partido que pesca no caladoiro de votos do Partido Popular. Precisamente, a súa candidata, Cristina Losada, exprésase habitualmente en castelán, e así o fixo no debate a cinco que tivo lugar o pasado luns na CRTVG.

Preguntado por GC como se equiparará ese dereito, se se lle preguntará ao usuario en que idioma quere que se lle responda, Feijóo dubidou. Primeiro dixo que sería contestado na lingua que utilizara, aínda que despois matizou que, “agás que indique o contrario, será respondido en galego”.

Este novo decreto tamén recolle a creación dunha Oficina de persoas usuarias para que a opinión dos cidadáns “tamén se teña en conta”. “Non só se trata de recibir queixas, senón tamén de contestalas”, matizou Feijóo. Asemade, lembrou que os galegos dispoñen xa dun Portal da Transparencia que, ademais, dixo, publicará informes anuais e destacou que se incorporará o potal electrónico da Xunta ás queixas.

Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe
Rosa Díez, ex lider de UPyD, xunto coa actual presidente do Congreso, Ana Pastor, nunha manifestación de Galicia Bilingüe | Fonte: Manuel Vilas

Este anuncio de Feijóo coincide, ademais, cunha nova queixa por parte da asociación Galicia Bilingüe que ten denunciado a un centro educativo por espoñer na web e no propio centro o cartel gañador da pasada edición do Día das Letras Galegas. Este cartel reza: "Fala galego, non sexas lelo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

10 nostrus

El gallego no tiene derechos, ni sufre ni padece y le importa un h*evo que lo usemos o no, pero es el talisman al que los nacionáticos han elegido para fanatizarse, pero porque les dio por ahi, porque pudieron fanatizarse con la gaita y exigir a los cirujanos la destreza con la gaita para poder operar. Si nadie esta obligado a ser heterosexual para la perpetuidad de la especie, tampoco nadie esta obligado a hablar gallego para que no se pierda.

1 Antinostrus

So os Monononeuronais e Lambedores de Ortos Madrileños a soldo do Ministerio do Interior son incapaces de resolver esta simples regla do tres: Galego: de Galiza: Andaluz: de Andalucia. Castelán: de Castela. Maltés: de Malta...ergo, o Galego é o idioma proprio e único, que se pode atribuir tal característica, da Galiza e todos os demais (Castelán de España ou América, Inglés dos USA ou a Grande Britannia, Panocho, Caló, Esperanto, .....) son Estranxeiros (independentemente do seu grao de implantación) e, en maior ou menor grao, Impostos nun Territorio que, orixinalmente lle é/foi alleo: esto é Ciencia Exacta pura e dura...

9 Vila_

Son votante de En Marea (non un troll deses que di que é votante de En Marea) e o que pasou con Marta Rivera non vai facer que varíe o meu voto. Pero iso sempre que saia alguén e mo explique canto antes. Ou hai unha razón ou... outra desas y me doy el piro.

1 anonimo

Voute dar eu unha explicación, pero probablemente non me creas, pero é así. Eu estiven na marea ata hai pouco, dentro, coñezo como funciona e a xente de moitas mareas municipalistas...non te fas a idea da cantidade de trepas que hai ai, a busca de cargo e notoriedade...un deles é Fernàn Vello.S e souperas o que temos na Estrada coa lider da marea(vaia trepa)... Estàn enganando a moita xente, pero a cousa estoupara teñoo claro, a non moito tardar...eles mesmos, a MA e unha parte de podemos lle están facendo a cama a Villares...en fin, calo

8 Pillabán

Feijóo é un pillabán, como as contas do 25 non lle dan de todo, lanza esta nova para provocar é que alguén entre ao trapo, xa o fixo co bipartito... aprenderemos?

7 John McNamara

Feijóo, para cado eses dereitos van ser iguais entres as dúas linguas?, digo por iso de que o castelán é unha obriga de coñecelo, eu penso o mesmo para o galego, xa que queremos igualdade?

1 anonimo5602

Concepto novedoso en el derecho: las lenguas tienen derechos. Yo pensaba que eso de los derechos era cosa de las personas. Pero ¿qué sabré yo, que soy castellano-hablante y, por ende, un facha?

2 nostrus

pois si o coñecemento do galego debe ser obrigatorio, ¿por que non ha selo tamen o catecismo?. O castelan é obrigatorio porque responde a realidade lingüistica social española e alegar a sua ignorancia só responde a un capricho ou a unha artimaña para deixar de cumprir unha norma. O galego non é comprendido por todos os españoles e por tanto non pode ser considerado obrigatorio por todos os españoles. Calquer español adquire a condicion de galego polo simple feito de empadronarse en Galicia e seria moi inxusto esixirlle o coñecemento do galego dende o minuto un. Eu considero que se lle pode falar galego a calquera agás que alegue que non o comprende. Xa sei que esto os nacionáticos non o comprenden, porque si chegaran a comprendelo non serian nacionáticos. Si o coñecemento do galego debe ser obrigatorio, ¿por que non ha selo tamen o catecismo?, os ultracatolicos esixirian o mesmo trato que os ultragalegos.

3 Galahaz

Ouviu vostede falar dos dereitos colectivos? Non sabe o que son? Pois voulle dar unha aula de balde: os dereitos colectivos constitúen a terceira categoría ou xeración de dereitos, que se diferencian dos dereitos de primeira e segunda xeración no seguinte: Os dereitos de primeira xeración ou clásicos, simplemente esixen para seren exercidos unha actuación pasiva ou omisiva do poder público que non impida a súa realización (dereito de asociación, de reunión, de libre circulación, igualdade formal, etc.); os de segunda xeración esixen para seren exercidos unha actuación positiva do Estado na procura dunha igualdade material ou de oportunidades (fiscalidade impositiva progresiva, estabelecemento de bolsas públicas, axudas para persoas con diversidade funcional, etc.) e os de terceira xeración ou colectivos integran dereitos recoñecidos á unha colectividade de persoas, e non a individuos illados, é dicir, á sociedade no seu conxunto.

4 Galahaz

Entre estes últimos podemos citar o dereito a gozar dun medio ambiente saudábel, os dereitos relativos á protección dos consumidores ou ao goce e conservación do patrimonio material e inmaterial dos pobos. A lingua galega, como lingua propia deste país, constitúe un ben común do pobo galego, e por tanto os poderes públicos teñen a obriga de protexela e de garantir a súa aprendizaxe e uso entre a poboación galega. Neste caso, a suposta liberdade individual de elección de lingua fica desprazada pola existencia dun ben superior que garante o dereito de todos os galegos a usar, conservar e gozar da súa lingua. E do mesmo xeito que eu non podo prenderlle lume a un monte da miña propiedade porque por riba da miña liberdade individual está o ben común de todos a gozar dun medio ambiente saudábel, a súa posición individual a respecto do galego como individuo é irrelevante porque por riba da súa escolla persoal está o ben común do pobo galego no seu conxunto. Boa noite.

6 Ted Flanders

Bueno y qué? para eso apoyan nuestros representantes "gallegos" de esas mareas que vienen y van en madrís a auténticos ladrillo-pensantes que defienden con orgullo el idioma patrio!!! eso sí en compensación, Fernanvello y el resto de figurantes permiten que nuestras chachas hablen gallego en la intimidad! Toma nacionalismo!!!!!!!!!!!