Temas: CHINA PEMEX

Galicia, obxectivo de China

A comunidade atrae xa ao 60% de todas as inversións do Estado. As exportacións o pasado ano superaron os 200 millóns e se intensifican os acordos comerciais e educativos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/10/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Galicia é un dos principais mercardos para China. Nos últimos cinco anos, o país asiático converteuse no principal inversor da comunidade. De feito, concentra o 60% de todas as inversións chinas en España. Unhas inversións que lonxe de parar, aumentan.

Os representantes chineses, na súa visita á Madroa.
Os representantes chineses, na súa visita á Madroa. | Fonte: crtvg.es

O último gran obxectivo está posto na compra do Celta de Vigo. Non é o primeiro, nin o último intento por facerse con equipos do Estado. De feito, o propio goberno chinés está obsesionado con este deporte e, nos últimos anos, quintuplicou as infraestruturas deportivas para poder practicalo.

Pero, máis alá do meramente deportivo, o certo é que Galicia interesa, e moito, por sectores competitivos que nos últimos anos foron moi tocados pola crise, sobre todo, o pesqueiro, o industrial ou o naval. Até agora, a maior parte dos investimentos chineses en Galicia foi nos sectores da industria e o transporte marítimo pesados. Pero eses lazos comerciais máis estreitos xa tiveron un impacto noutras áreas.

Así, a primeira compra importante de China en Galicia protagonizouna o holding Citic Group ao adquirir por 54 millóns a calderera Gándara Censa, na que investiu 50 millóns máis para melloras produtivas.

Compras importantes

Logo houbo outras compras importantes. O grupo Rodman a China Sonangol, por 78 millóns; a conserveira Hijos de Carlos Albo a Xangai Kaichuang por 69 millóns e a posibilidade de que outra corporación chinesa se faga co 51% da participación que Pemex ten en Barreras.

Estudantes chinesas nunha manifestación en Santiago
Estudantes chinesas nunha manifestación en Santiago | Fonte: Walter Burns

Uns investimentos que superan os 500 millóns de euros nos últimos 5 anos e que o converten, de lonxe, no líder inversor en Galicia. "Estamos crecendo, tanto en España como en Galicia. Temos diferentes sectores muy atractivos. Para una empresa china, creo que podemos xogar un papel muy interesante, porque estamos en el medio de muchas ofertas potenciais que se poden utilizar no futuro ", suliña Javier Aguilera, director xeral do Igape, nunha entrevista con CCTV.

De feito, o Igape está moi interesado en potenciar as visitas empresariais de China a Galicia. A última, hai unhas semanas con importadores de China e Hong Kong a empresas galegas de alimentación e de viños.

E é que os chineses non só invisten aquí, tamén estanse convertendo nun dos principais exportadores. Segundo datos do Igape,  o ano pasado exportaron a China 417 firmas por valor de 200 millóns e as exportacións galegas ao mercado chinés aumentaron un 24% no 2015. A isto hai que sumar un 4% de incremento rexistrado até xuño deste ano.

Lazos educativos

Pero a industrial e económica non é a única área que interesa aos chineses. Tamén nos últimos dous anos, o goberno deste país está moi interesado en extender lazos educativos. Así, a Escola de Negocios IESIDE en Vigo, xa puxo en marcha acordos con dúas universidades de Pequín co obxectivo, precisamente, de extender, despois os lazos comerciais.

Tamén as universidades galegas, especialmente a de Santiago, ten aberto varios convenios bilaterais con universidades chinesas para que os seus estudantes poidan realizar estudos de español.

Traballos nun barco nos estaleiros Barreras de Vigo, que tamén quere ser adquirido por capital chinés
Traballos nun barco nos estaleiros Barreras de Vigo, que tamén quere ser adquirido por capital chinés | Fonte: Trasmeships
Temas: CHINA PEMEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 ART

O titular tamén podería ter sido "Vigo, obxectivo de China"

3 teutonio

E sen ter en conta o Celta

2 expaña é roubo

en china teñen moito ouro no banco namentras en expaña soamente teñen pagaretes na Caixa forte, os do pepeiro e socialato roubaron moito, foron moi ladrons e soamente deixaron ruina e miseria, en china se traballa en AL-ANDALUS (EXPAÑA) van os touros din que touros e cultura os miserables do partido populeta, ladrons mafiosos, corruPPteiros e porcas - VIVA CHINA E VIVA O MARXISMO-LENINISMO (podreiros e miseria comparado con esto) eu son un dos descendentes xenetico do gran GENXIS (un de cada 200) señores viva CHINA non a expaña... expaña non paga ... expaña rouba os portos galegos as portas da nosa casa deberían ser galegos e non de expaña!!! NON A EXPAÑA!!! nin pepeiros, nin pesoideiros nin podreiros!!! - https://www.youtube.com/watch?v=P2i...

1 Ted Flanders

Por fin a intelixencia achégase a Galiza!!! By By Meseta.....Benvido Yang-Tsé!!!

1 Madafaka

"bye bye" Para intelixente xa estás ti. ;-)

2 Ted Flanders

Errare humana est, diabolicum perseverae