Por Galicia Confidencial | Carnota | 24/10/2016 | Actualizada ás 09:30
O xigante das telecomunicacións Google tamén entrará nun espazo ata agora virxe. E é que a partir do vindiero ano, todo este fermoso parque natural será mapeada virtualmente.
Será a través dunha iniciativa de Monte Pindo Parque Natural que lanza o programa Trekker Monte Pindo, mediante o cal moi pronto vai comezar a mapear rutas do Monte Pindo e do seu entorno xeográfico para incorporalas á súa aplicación Google Street View.
"Isto permitirá que calquera persoa, desde calquera parte do mundo, poderá percorrer as principais rutas do Monte Pindo, e algo moitísimo máis importante para nós: que persoas que polas súas limitacións físicas e psíquicas nunca puideron ascender os seus cumios, agora poderán facelo de xeito virtual", apuntan desde esta entidade.
Está previsto que os traballos de mapeo, portando a mochila Trekker de Google, comecen a vindeira primavera. Os traballos faranse con voluntariado seguindo un calendario previamente acordado coa compañía californiana. As persoas que desexen participar no programa Trekker Monte Pindo como voluntariado poden incribirse xa na páxina trekker.montepindo.gal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.