Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2016 | Actualizada ás 15:41
O gabinete de avogados da corporación Mahou púxose en contacto, a través do Parlamento de Galicia, con En Marea para pedir que "modifique" o seu logotipo co fin de "evitar a confusión" entra a marca cervexeira e a imaxe política, que "tanto se asemella".
No escrito, remitido polo bufete Herrero&Asociados e que entrou por rexistro parlamentario o 21 de outubro, segundo figura no expediente, os avogados póñense en contacto con En Marea para facer constar que o logotipo de En Marea presenta "unha gran semellanza co logo corporativo de Mahou e a Fundación Mahou San Miguel".
Ao respecto, o servizo xurídico da empresa explica que "este feito foi detectado durante a campaña política", pero quixeron "esperar" a comunicalo máis tarde. "Entendendo que durante os momentos previos ás eleccións galegas estarían vostedes centrados noutras cuestións e a nosa intención non era interferir en modo algunha na súa tarefa electoral", engaden.
Ademais de achegar un listado das marcas máis relevantes da empresa cervexeira e a súa fundación, algunhas delas "marcas notorias e de renome", os avogados tamén inclúen a repercusión en redes sociais que se deu cando transcendeu o logotipo, no que xa se falaba das semellanzas entre unha e outra imaxe. Entre eles, atopan comentarios xocosos sobre as semellanzas ou acerca de que a marca de cervexa se presentaba como partido político en Galicia para as eleccións autonómicas.
"É obvia a confusión que se xerou entre a imaxe gráfica da súa formación política e a imaxe identificativa de Mahou San Miguel e da Fundación Mahou", apunta o bufete de avogados, que puxo a disposición de En Marea "para colaborar con este tema porque a súa intención é alcanzar unha solución axeitada para ambas as dúas partes".
EXPLICACIÓNS DE EN MAREA
Ao respecto da situación, fontes da formación política explicaron que a imaxe creativa leva está xustificada pola empresa que se encargou do deseño e que parte do 'eme' de En Marea e simula as ondas do mar.
Admiten que son "similares pero non é o mesmo" logotipo e engaden, estas mesmas fontes, que non interfiren na venda do produto, xa que En Marea é un partido político.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.