Por GC Tendencias | A Pontenova | 06/12/2016 | Actualizada ás 10:59
O evento é xa un referente nestas datas na provincia de Lugo recibindo cada ano moita máis xente que o anterior. A variedade e calidade dos expositores e a ponte de principios de decembro axudan á súa consolidación.
O interese polas feiras de artesanía e antigüidades vai a máis en Galicia feito que contribúe a que na Pontenova se dean cita moitos curiosos pero tamén cada vez máis comerciantes cualificados e profesionais do sector.
Nesta X Feira de Artesanía e Antigüidades, congréganse 30 anticuarios nacionais e internacionais e a 30 artesáns chegados de diferentes puntos de España.
A oferta é moi completa e variada contando incluso cos seguintes obradoiros en vivo:
Tear, Cecilia Carballo Castrillón
Escultura en madeira, José Mª García Bouza
Forxa e obradoiro de navallas, José Mª Rodil Arruñada
Encaixe de bolillos e puntura en tea, Aurora Rodil López
Labores en tea e ganchillo, Michelle Pío Dasilva
Torno, Jesús Igresias Pereira
Cestería en vimbio, Luisa Martínez Vázquez
Este ano a Radio Galega estará presente o xoves 8 de 16.00 a 19.00 h. emitindo en directo dende a Casa da Cultura o programa “A Tarde”. Polo programa pasarán as autoridades e organizadores, artesáns, anticuarios e outros convidados. Entre os asistentes sortearase un Centro de Pranchado valorado en case 300 €.
Así, pois, dende 8 ao 11 de decembro o Concello da Pontenova acolle, na Praza dos Fornos da vila, unha interesante feira que recupera e pon en valor os oficios tradicionais. A entrada é de balde e a hostalería do lugar ofrece un “Menú especial da Feira”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.