De Lara investiga os datos do PC do avogado de Nené Barral

Un comportamento “grave, gravísimo”, sen precedentes en Galicia e que vulnera o secreto profesional. Evaristo Nogueira, presidente do Consello da Avogacía, cualifica nestes duros termos un rexistro ordenado pola xuíza Pilar de Lara. Acúsana de incautar sen permiso o disco duro dun avogado. Fontes da investigación negan as acusacións e revelan a GC que o avogado en cuestión é o letrado de Nene Barral, un dos homes claves na relación do PP co contrabando.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2017 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

En declaracións a GC, Nogueira argumenta que “non se pode entrar no despacho dun avogado, nin a Policía nin ningún corpo de seguridade do Estado, e levarse o computador enteiro dun avogado, porque nel hai datos supersecretos, e isto vulnera o secreto profesional porque afecta a unha terceira persoa”.  O Consello acaba de dar amparo a un letrado da Coruña -sen identificalo- que denunciou precisamente isto, que a Policía, por orde de De Lara, entroulle na oficina e arramploulle co disco duro.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

 

Por outra banda, fontes vinculadas á investigación aseguran a Galicia Confidencial (GC) que o auto de entrada e rexistro é correcto e non foi recorrido no seu momento pola fiscalía. As mesmas fontes indican que os axentes de Vigilancia Aduanera limitáronse a facer un volcado do disco duro como se fai en todos os rexistros e como xa fixo anteriomente noutros despachos de avogados. Ademais, o avogado rexeitou a posibilidade de que o decano do Colexio estivese presente no rexistro, como lle ofreceron, rexistro ao que a xuíza Pilar de Lara non acudiu persoalmente.

 

 Estas fontes indican que o avogado coruñés en cuestión é Carlos Seoane, imputado na Operación Zebra e letrado do polémico Nené Barral, quen fora alcalde por Ribadumia (PP), investigado por contrabando e mentor político de Rafael Louzán, ex-presidente da Deputación.

Evaristo Nogueira, decano do colexio de avogados, canda o ex-alcalde de Santiago
Evaristo Nogueira, decano do colexio de avogados, canda o ex-alcalde de Santiago

 

Ten que ver o denunciado coas múltiples investigacións de corrupción política que instrúe a xuíza de Lugo? O líder dos avogados galegos responde unicamente que non ten que ver coa Operación Pokemon, causa pola que seguen imputados varios ex-concelleiros herculinos.

 

Nogueira explica que, despois do suposto rexistro do despacho, o letrado pediu o amparo do Colexio de Avogados da Coruña, que llo concedeu. Despois o Colexio pediu a adhesión do Consello Galego, que se fai pública agora.

 

O presidente di descoñecer se o afectado, logrado o apoio do seus compañeiros, prefire deixar o asunto aquí ou presentar unha denuncia oficial ante o Consejo General do Poder Judicial, o órgano de disciplina de goberno dos xuíces. Isto contradí o que publica hoxe en portada El Progreso, xornal afirma que o Consello galego xa presentou unha denuncia ante o Consejo General. 

 

Con todo, Nogueira, en conversa con GC, insiste na gravidade do denunciado. “Pensa que no ordenador podes non só ter a información do cliente investigado nese caso senón doutros e 500 clientes, información de terceiros que as veces pode ser moi delicada, e incluso comprometida” explica o representando dos letrados do país.

 

Nené Barral (centro), chegando aos xulgados de A Parda
Nené Barral (centro), chegando aos xulgados de A Parda | Fonte: © Mónica Patxot en pontevedraviva.com.
Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e despois presidente da Deputación de Pontevedra
Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e despois presidente da Deputación de Pontevedra | Fonte: atiomeucambados
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Maldita Hemetoteca

Non ten que ver coa Pokémon, non, pero o señor presidente do Consello da Avogacía defendeu a Liñares e a Fernando Blanco...

3 Carapera

E como é que un home como Evaristo pica desde xeito? Parece que lle falta información esencial do peixe. Seica os rapaces do vega sicilia levan mal o de beber gaseosa este pasado nadal. Olliño a ver en que da isto que moito me temo que algún vai facer o ridículo

2 Gamela

Non sei que pensar... Esta xuíza semella que toleou fai tempo... dispara a todo o que se move e non abre xuízo contra ninguén (?) Por outra banda igual este ordenador ten datos PRECIOSOS pero se despois ANULAN AS PROBAS por carecer das debidas garantías (lembremos que Garzón está fóra da Audiencia por un "detalle" qui tiña que ver con escoitas ilegais aos avogados da defensa) pois ainda que descobrira o Missisipi non vai servir de NADA ?

1 Caniço

Pois imaxina se os datos son do despacho dun exministro de xustiza...

1 Caniço

Non ten que ver coa Pokemon, non. Pero igual poderia ter que ver con Raúl López. Por certo, non se di que se trate de ese despacho de avogados, porque un exministro de España é forma parte do mesmo. Imaxinen o titular da prensa madrileña: "La jueza De Lara registra el despacho de exministro... y se lleva un disco duro" Non digo máis... CCS