Temas: FRAUDE NCG

Condena histórica para os directivos de Novacaixagalicia, que entran en prisión

Entre eles está Fernández Gayoso. É a primeira vez que a Audiencia Nacional ordena cárcere a exbanqueros condenados pola xestión das caixas

Por Galicia Confidencial | Madrid | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Sentencia histórica para a banca española. A Audiencia Nacional ordenou o ingreso en prisión para catro directivos de Novacaixagalicia (NCG) e un asesor xurídico que foron condenados en 2015 a dous anos de cárcere polo cobro de indemnizacións millonarias que se concederon a si mesmos antes de abandonar a entidade e que alcanzaron os 22 millóns de euros.

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

Os condenados son José Luís Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza e Óscar Rodríguez Estrada --que prepararon as prexubilacións millonarias ante a previsión de que a entidade ía prescindir dos seus servizos de forma inminente--, Julio Fernández Gayoso (expresidente de Caixanova) e o asesor xurídico Ricardo Pradas Montilla, que ingresaron na tarde deste luns no cárcere.

A Sección Terceira da Sala do Penal denegou a suspensión da condena (confirmada polo Tribunal Supremo o pasado mes de setembro) e valorou a gravidade dos feitos. Trátase da primeira ocasión na que se ordena prisión para banqueiros condenados pola xestión das caixas de aforro.

Os exdirectivos, que favoreceron dietas presuntamente irregulares para 19 membros da entidade por valor de entre 9.000 e 308.700 euros, evitaron entrar no cárcere ao ser a súa pena de 24 meses e non ter antecedentes penais. Con todo a sala tivo en conta ademais que estes non devolveron o diñeiro que se fixou en sentenza e que teñen aínda causas pendentes coa xustiza.

Os contratos de alta dirección modificáronse en 2010 nun momento en que se reclamou 1.162 millóns de euros ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) para superar a situación de inviabilidade das dúas caixas que ían fusionarse (Caixanova e Caixa Galicia).

PENAS EXIGUAS

A Sala do Penal corrixiu a súa sentenza o pasado mes de outubro e impuxo a dous dos exdirectivos condenados José Luís Pego e Gregorio Gorriarán a que indemnizasen con 10,4 millóns de euros á sucesora da entidade, modificando as cantidades fixadas en concepto de responsabilidade civil nunha primeira sentenza que foi anulada polo Tribunal Supremo.

O alto tribunal ordenou recalcular a responsabilidade civil pero confirmou a prisión para o cinco directivos. O Supremo considerou esas penas "exiguas" pero recoñeceu que non podía incrementalas porque ningunha parte cuestionounas á alza.

A Sala do Penal do Supremo estableceu que os condenados fixeron súas as cantidades millonarias "a través dun mecanismo que vai moito máis alá da adopción de actos erróneos no exercicio das súas facultades de administración"; é dicir, que executaron "inequívocos actos apropiatorios con fins de lucro persoal".

Temas: FRAUDE NCG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 A Traballar

Queda claro según os expertos foreiros, a culpa da fusión das caixas, do despilfarro, e se un día cae un meteorito é do BNG, algún experto falangito de por aquí debería facer unha tese sobre toda a historia do BNG e tódolas súas accións, nunca un partido con tan poucos votos tivo tanta responsabilidade. Os expertos de redes sociais sodes uns grandes, moito críticar dende a vosa cadeira pero non pegades pancada.

9 Amigos para siempre

Pobres taparrabos do BNG, sinto pena de vós! Sodes pior que os servos do Partido Podre, mentides como se os demais acreditásemos nas vosas mamadurrias. Xa vos deron un nome, queredes máis? Anotade: Representantes da CIG en silencio cando rouban desde a caixa coas preferentes. Pilar Cibrán, asesora nomeada polo Concello do Porriño, que o BNG mamtivo calada. Caso Massó en Cangas, con Clara Millán de alcaldesa polo BNG, que ademais é a responsable de finanzas (agárrate bloqueiro) do BNG, que se entrega é deixa facer a Gayoso. Hemeroteca para os aprendices que negan feitos, calados e chupando os do BNG, cómplices do atraco! Que vos den, e de paso levade con vós aos da excusa: os do PcE/IU son ratas iguais, pero iso non vos salva dos pecados propios do BNG! No poder sodes corruptos: feitos! Non hai como lavalo: hemeroteca!

1 O que hai q ver

Mentireiro vai rañala corre, no caso de Massó todo o BNG saíu en tromba a rúa contra a señora Millán que tivo que abandonar o barco do BNG é ahora é máis próxima a marea, acusar o representante da CIG que foi o único que denunció as prácticas das caixas manda webos, outra cousa é que non lle fixeran nen caso.

2 Gomesende

Saber quen minte parece doado: ir a Google e colocar Clara Millan BNG Masso Cangas. En resumo: http://www.galizanonsevende.org/?p=... Non hai como tapalo! A quen lle importa onde milita a tal Millan? Se os mareados tragan lixo, sera o seu problema! O que importa era a quen servia daquela a Clara: ao BNG! E os representantes do BNG na caixa de Gayoso polos concellos do Porriño (Pilar Cebrian era o nome, penso que o que comentou non puxo o apelido correcto) e do modelico concello de Pontevedra? Non tedes decencia, no das caixas o BNG esta pringado!

8 GALEGO

Xa están os españolitos de turno a culpar a CIG e BNG, os únicos que denunciaron e se preocuparon cós seus escasos medios de denunciar estas prácticas na fusión das caixas, veña barra libre de mentiras e difamacións que saen gratis e non hai que demostralo, os de sempre para non importarvos o BNG e preguntar se todavía existe estades moi o tanto de tódolos seus movementos dende a orixe dos tempos. Gayoso amigo do BNG????? debe ser o do Luar, porque o outro nunca quixo ver diante a ninguén da CIG nin do BLOQUE en cambio sempre fixo moi boas migas co sindicato españolista mareado CC.OO

7 kagondios

Na vindeira visita ó camposanto informarei a meu pai desta nova ...ou se cadra non, bastante mal lle fixeron xa estes mangantes estafadores, e que ben viviron ...nada bo merecían.

6 Empresarios de palo

http://www.periodistadigital.com/ga... Cuando irán a por los siguientes que se concedieron créditos millonarios ellos mismos como el empresario modelo de feijoo el señor garcia costa que ahora mismo se lucra con el astillero barreras en la que la quita de barreras solo cobraron sus empresas