Temas: FRAUDE NCG

Condena histórica para os directivos de Novacaixagalicia, que entran en prisión

Entre eles está Fernández Gayoso. É a primeira vez que a Audiencia Nacional ordena cárcere a exbanqueros condenados pola xestión das caixas

Por Galicia Confidencial | Madrid | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Sentencia histórica para a banca española. A Audiencia Nacional ordenou o ingreso en prisión para catro directivos de Novacaixagalicia (NCG) e un asesor xurídico que foron condenados en 2015 a dous anos de cárcere polo cobro de indemnizacións millonarias que se concederon a si mesmos antes de abandonar a entidade e que alcanzaron os 22 millóns de euros.

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

Os condenados son José Luís Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza e Óscar Rodríguez Estrada --que prepararon as prexubilacións millonarias ante a previsión de que a entidade ía prescindir dos seus servizos de forma inminente--, Julio Fernández Gayoso (expresidente de Caixanova) e o asesor xurídico Ricardo Pradas Montilla, que ingresaron na tarde deste luns no cárcere.

A Sección Terceira da Sala do Penal denegou a suspensión da condena (confirmada polo Tribunal Supremo o pasado mes de setembro) e valorou a gravidade dos feitos. Trátase da primeira ocasión na que se ordena prisión para banqueiros condenados pola xestión das caixas de aforro.

Os exdirectivos, que favoreceron dietas presuntamente irregulares para 19 membros da entidade por valor de entre 9.000 e 308.700 euros, evitaron entrar no cárcere ao ser a súa pena de 24 meses e non ter antecedentes penais. Con todo a sala tivo en conta ademais que estes non devolveron o diñeiro que se fixou en sentenza e que teñen aínda causas pendentes coa xustiza.

Os contratos de alta dirección modificáronse en 2010 nun momento en que se reclamou 1.162 millóns de euros ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) para superar a situación de inviabilidade das dúas caixas que ían fusionarse (Caixanova e Caixa Galicia).

PENAS EXIGUAS

A Sala do Penal corrixiu a súa sentenza o pasado mes de outubro e impuxo a dous dos exdirectivos condenados José Luís Pego e Gregorio Gorriarán a que indemnizasen con 10,4 millóns de euros á sucesora da entidade, modificando as cantidades fixadas en concepto de responsabilidade civil nunha primeira sentenza que foi anulada polo Tribunal Supremo.

O alto tribunal ordenou recalcular a responsabilidade civil pero confirmou a prisión para o cinco directivos. O Supremo considerou esas penas "exiguas" pero recoñeceu que non podía incrementalas porque ningunha parte cuestionounas á alza.

A Sala do Penal do Supremo estableceu que os condenados fixeron súas as cantidades millonarias "a través dun mecanismo que vai moito máis alá da adopción de actos erróneos no exercicio das súas facultades de administración"; é dicir, que executaron "inequívocos actos apropiatorios con fins de lucro persoal".

Temas: FRAUDE NCG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 O Freire

Xa estou vendo os bloqueiros alugando autobuses para ir visitar na cadea ao seu protexido Julio Fdez. Gayoso. Todo polas debedas, todo pola pasta..., disimulen, era pola patria. A moito dirixente do Bloque e da CIG deberia caerlles a cara da vergoña polas amizades que sostiveron, o problema ben sendo que non teñen vergoña nin decencia, que cara teñen abondo. Ratazanas impostoras, hai que roelo!

1 Asesores de Procesiones

Que debedas e que pasta se o Bloque está pagando ata o último centimo dos prestamos contraídos desde a época de Beiras. Non é como IU que lle perdonan prestamos en Andalucía e non paga a seguridade social en Madrid e logo lle quedan cartiños para financiar AGE.

4 Lois j

Ahora que sigan con los representantes políticos del PP, PSOE y BNG, además de los sindicalistas de UGT, CCOO y CIG que cobraban por estar callados en el consejo

1 Amigos para siempre

Certo, os partidos e os sindicatos do sistema estaban para vixiar e auditar, preferiron permanecer calados quentanto as cadeiras e cobrando dietas mentres os directivos rouban: SON CULPABLES!!! Non hai desculpa, foron parte da trama!!! Cómplices da corrupción!!! Repitámolo, que lles escoza na cara aos comentaristas de partida de bandoleiros, son PP, PsoEspañol e BNG, xunto con UGT, CC.OO. e CIG!!!

2 NenArreNenXo

Os representantes de BNG, UGT, CIG e CCOO non só non estiveron calados, senón que o denunciaron interna e externamente e os seus testemuños foron decisivos nos xuízos para que se chegase ás condenas e agora ao ingreso en prisión. O falar non ten cancelas, pero as hemerotecas están para quen as queira consultar.

3 Noxo das ti mandado

Do BNG non había ningún representante. Da CIG un, que foi o único que votou en contra de todo. A CIG foi quen denunciou. De nada.

4 Hioto

Bloqueiro, deixa de mentir. En NCG estaba un tal Veiga Lage, típico profesor do ensino colocado polo BNG na poltrona, ben mantido. Isto non sae en Sermos Galiza. Veiga Lage admite que conocía el contrato de López Corona y que era igual que el de los demás exdirectivos. http://www.abc.es/20111007/comunida...

5 La pastillita loqui

Encontrastes a uno he loquito fue el que urdio todo no te quepa duda pero se escapa porque Lores soborna a los hosteleros

3 Gamela

Hoxe é un día feliz !!! dous anos serán pouco pero agardo que as demáis causas pendentes OGALLÁ lles sume anos dabondo para ver se esta tropa APRENDE que xa NON son INTOCABLES!!! e que devolvan os cartos dunha vez !!! E sigo sen saber por que ninguén denunciou a chamada fusión do Pastor co Popular ??? O sobriño da Condesa de Fenosa tamén debera dar expliacións da VENTA / CAMBIO das accións depositadas na Fundación Barrié ... así pola cara...???

1 Bufffff

Se eu chego a decir q me alegro d q alguén entre en prisión, como me alegro d q palmen os meus inimigos, apuradamente censurábanme o conentario. Esa satisfacción ten algunha similitude coa q tiña unha vella, nai dun ratero multireincidente ao comezar a guerra civil q estaba sorprendida e non entendía nada "pq agora os señoritos tamén van á cárcel. Pq q vaia o meu fillo, co q fai é o normal, pero agora tamen van os señoritos... Q mundos estes...". É o normal. Non ter empezado e non os terían quentado.

2 galegoexiliado

¿Dous anos de cadea? Jo... nin que huberan insultado a carrero blanco. Manda Trillos.

1 david

Impresentable q moreda sea asesor da Valedora y nadie lo denuncie